Plan Proxecta, Eduresponsable, CP Innova, Outros programas, Listaxes de programas
CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8M 2024) (Proxecta "Donas de si")
Enviado por Silviabarja o Mér, 24/01/2024 - 22:03
CARTEL GAÑADOR: 4ºESO
Autora na entrega do premio: NORABOA!
APROVEITAMENTO DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO
Enviado por Irene Mera o Lun, 27/11/2023 - 10:32Alumnado de Ciclos, Comercio e Electricidade asistiron con aproveitamento ao curso formativo intensivo que Modesto Gómez, referente nacional como formador de cursos de marketing, habilidades socio - directivas, xestión de talento e desenvolvemento estratéxico, impartiu a pasada semana dentro das Xornadas de Emprendemento que se celebraron no IES Indalecio Pérez Tizón. Cun carácter eminentemente práctico o alumnado presentou as súas propostas e proxectos, que cos consellos e pulo do relator foron avanzando desde a idea orixinaria cara a fórmula de negocio.
PROGRAMAS EDUCATIVOS DO PLAN PROXECTA PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por anonimo o Lun, 06/11/2023 - 19:30Foi publicada a resolución definitiva coa relación de centros con programas seleccionados dentro do Plan Proxecta+. De acordo con esta resolución, neste curso desenvolveranse no IES Indalecio Pérez Tizón tres programas educativos Proxecta+: Nutriescolas (Saúde e benestar), Donas de si (Igualdade) e Proxecto ríos (Medio ambiente/sostibilidade).
Consulta a convocatoria e a resolución premendo nesta LIGAZÓN.