2º Bacharelato
Viaxe a Grecia 2018
Hoxe 21 alumnos/as de 2º de Bacharelato comezan unha Viaxe cultural a Grecia acompañados e guiados polo incansable José Antonio Varela García. Boa viaxe. Desfrutade dunha experiencia que de seguro será irrepetible. |
Post ABAU. Simulador da nota de admisión ás titulacións das Universidades galegas
Esta fin de semana será a da gran liberación para o noso alumnado que ven de rematar as probas da ABAU.
Nunha semana máis ou menos teredes as vosas cualificacións e entón compre ter clara cal é a nota acadada resultado da ponderación entre a cualificación da ABAU e a do BAC. Para facilitar isto a propia Xunta de Galicia proporcionanos un simulador que permite calcular dita NOTA DE ADMISIÓN.
Todas as persoas interesadas en coñecer a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG, tendes á vosa disposición este simulador. Para isto, é necesario introducir a nota das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.
ABAU XUÑO 2018
Pois xa está ...mañá chega a ABAU para o noso alumnado que superou o 2º BAC.
Malia a fama que ten a proba entre os que a abordan cada ano, podemos certificar que non é tan complicada como se pensa... aínda que se o noso alumnado ten algún nervio non é estrano ( non en van é o primeiro examen que fan diante de quen non os coñece)
Dende a páxina web do IES Francisco Aguiar queremos desexarvos SORTE e, actuando un pouco como avós "cebolleta" recomendarvos algúns consellos para que os teñades en conta :
1. A ABAU comeza mañá ás 9.00 coa presentación e logo ás 10.00 coa proba de Lingua Castelá pero realmente hai algunhas cousas que preceden a ese momento que non debedes descuidar:
- ◦ Por moito que queirades apurar o estudo, non faredes ben o pequeno maratón que comeza mañá se hoxe non durmides as horas suficientes e non vos alimentades ben mañá ao erguerse da cama.
- ◦ Cando vaidades esta noite para cama aconsello deixar preparadas as cousas que precisaredes para o día seguinte: DNI ou documento identificativo, varios bolígrafos de tinta azul e/ou negra imborrable, calculadoras( permitidas), diccionarios....
- ◦ Os que usedes o bus que partirá do insti... ter en conta que hai que estar alí con todo preparado ás 7.50-8.00h.
- ◦ E, por se alguén o precisa... sesión previa de perruquería para asegurar que están "despexados os pavillóns auditivos para verificar que non se usan dispositivos auditivos non permitidos". ;)
2. Poñer o espertador.... e o da nai, do pai, do irmán se é preciso para espertar a tempo. Logo do antedito almorzo ( ainda que o estómago, seica, non admita moito por estar repleto de nervios) chegar puntual para colller o bus.
3. Unha vez no lugar das probas, acompañados polo mellor acompañante que temos en plantiña para o mes de xuño(Xosé Luis Mosquera), prestade máxima atención ás instruccións e seguídeas ao pé da letra.
4. Repartirán os códigos identificativos que debedes conservar e gardar sempre con moito coidado (sempre no mesmo lugar, sempre coas mesmas rutinas...) E non esquezades que os exames son obrigatoriamente anónimos: non asinedes nin os marquedes de ningún xeito ( podería ser causa de anulación), só pegar os vosos códigos en cada caderniño.
5. Non esquezades que cada examen se entrega nun único caderniño e supón a elección dunha opción ( A ou B) que debedes contestar de modo excluinte ( non mesturar respostas de ambas).
6. O tempo máximo de cada proba son 90 minutos pero antes de 30 minutos non poderedes sair da aula. Consello: procurade sacar todo o que teñades ...e algo máis. Entregar en branco ou de calquera xeito é autosuspenderse. Lembrade que durante o examen non se permiten preguntas ( lembrade a Francisco...)
7. Ollo coas calculadoras programables, móbiles e reloxos intelixentes, non están permitidos.
SORTE!
Confiade, por riba de todo no traballo que fixestes ao longo do curso,
que non foi pouco, e que agora agromará, seguro, en bos resultados.
Probas ABAU Xuño 2018.
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais - Campus de Elviña (Comisión Delegada nº 6) -
Tfno.: 981/16.70.00 ‒ Extensión 2409 Fax: 981/16.70.70
Probas: Os exames terán lugar os días 12, 13 e 14 de xuño, segundo o horario indicado
AVISO:
A EMPRESA GILSANZ PON A DISPOSICIÓN DO NOSO ALUMNADO, GRATIS, UN AUTOBÚS PARA IR ÓS EXAMES (SÓ A IDA), HAI QUE ANOTARSE EN SECRETARÍA.
Sairá da porta do Instituto ás 8.00h. do martes 12 de xuño (compre estar uns minutos antes para evitar retrasos ou mesmo perdas)
Primeiro día: 12 de xuño
09,00 – 10,00 : Presentación
10,00 – 11,30 : Lingua Castelá e Literatura II
12,00 – 13,30 : Historia de España
15,30 – 17,00: Lingua Galega e Literatura II
17,30 – 19,00: Primeira Lingua Estranxeira II
MOI IMPORTANTE:
Instruccións para a realización de exames(enlace)
( identificación, etiquetas, móbiles, materiais específicos, calculadoras, reloxos, tempos...)
E como sempre o noso ánimo para os examinandos/as e un sorriso ( "pa' deses3sar")
¡SORTE!
¡Hasta siempre Instituto!. A graduación 2018 na Voz de Galicia
26/05/2018 05:00 H
Y este jueves tuvo lugar el acto de graduación en el Francisco Aguiar de Betanzos.
Hubo actuaciones musicales, intervenciones de alumnos y profesores, «e entrega das insignias do instituto», comenta el director, Francisco Rodríguez.
Así recolle Pablo Portabales a nosa graduación do xoves 24 en palabras necesariamente sintéticas para dar cabida a outros institutos.
Pero os que tivemos a fortuna de disfrutala "in situ" sabemos poñer moitos detalles entrañables.
Certo que houbo actuacións musicais grazas a Blanca Bello, ao alumnado de BAC, a Amë e a Óscar. Actuacións que emocionaron, "Mama mia" con botas plateadas incluidas (directamente ABBA) por parte de Blanca;
decindo a todos que non nos mete medo o que veña por diante, que "non hai montaña suficiente grande " ("Ain't no mountain high enough") para os que alí estabamos;
ou a chamada a soltar amarras sen chorar polo que deixamos atrás que Amë cantou (acompañada á guitarra por öscar e ao piano por Blanca) con "The Sign of the Times".
Claro que houbo discursos!
A voz grave e sempre impresionante de Francisco desvelou un dos grandes secretos: a xeración do 2018 pasaba a ser modelo para a xeración do 2019.
Quen non ríu e emocionou coas palabras delicadas de Selene, coa alegría contaxiosa de Amë ou a enerxía de Tania!
Como non escoitar aos autoalcumados "xeración desastre" relatar as peripecias do paso polo Insti, o recordo para os que vivían tan lonxe ( ou en repúblicas independentes) que parecía mentira que viñesen ata Betanzos a recibir clases. Lidía de blanco elegante e impoluto; Andrea estilizada e altísima; dinámica e alegre, como sempre, Lucía.
E sorprendernos co discurso de ciencias que María e Elías declamaron case sen mirar para o papel. As indubidables dotes para a escea de Elías, a voz serea e firme de María (impresionante). Un discurso impecablemente construido que nos levou da poesía á risa transportados sen resistencia posible por un vendaval de emocións.
E que dicir do discurso dos profes, de Cheché e Blanca. Ninguén podía esperar nada parecido. Cheché e Blanca falando distendidos, rindo e facendo rir sen "cortarse" por poñer un nariz de pallaso, unha pamela de palla ou unha gorra de capitán de barco. Blanca e Cheché cantando os maitines que profetizaban a noite que viña por diante aos graduados, ou animando con música de Orquesta Mondragón:"Viaje con nosotros "Francisco Aguiar". Viaje con nosotros a mil e un lugar.."
E logo de todo isto "entrega de insignias". Certo que se entregou este deseño que nos identifica e nos situa nesa cidade outa abrazada polos ríos Mandeo e Mendo que se funden na ría de Betanzos. Pero esa entrega era case o de menos, porque o xeito en que o Aguiar quedaba era xa en forma de vivencias fondas no alumnado e profesorado, en familias e amigos.
Que logo fixesemos unha fotografía que nos reunía a todos, ou que rematásemos co refrixerio ofrecido por Melania, era só un aparente final. De feito, moitos viñeron á mañá seguinte directos da festa coruñesa (algúns ataviados con calcetíns de cor rosa... vai saber saidos de onde, outras termando por facer o horario escolar completo ata o final da mañá). E agardamos que sigan viñendo cada vez que necesiten algo de nós ou simplesmente para facermonos saber que é das súas vidas.
BOA VIAXE ! (agárdavos a vosa Itaca)
Xeración do ano 2000
Promoción 2018 do "Aguiar"
Imaxe e Son. Videopoemas 2018
Publicamos os videopoemas realizados polo alumnado de Imaxe e Son e seleccionados como finalistas na II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María convocado pola Casa Museo de Manuel María.
Orixinal de María Corral e Iara Obelar.
Orixinal de Samuel Román e Oscar Lagares.
Concurso Videopoemas convocado pola Casa Museo de Manuel María. Dous finalistas do Aguiar.
O sábado 19 de Maio asistimos á entrega dos premios da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María convocado pola Casa Museo de Manuel María. Os de Imaxe e Son do Aguiar levamos o orgullo de ter dous videopoemas entre os finalistas "Máis ve que o meu corazón" de María Corral e Iara Obelar e "O foguete" de Samuel Román e Oscar Lagares.
O noso agradecemento á organización pola convocatoria destes premios e por unha ceremonia entrañable na que nos sentimos xa premiados. Parabéns a todos os participantes que realizaron unhas magníficas curtas, dun altísimo nivel, demostrando sen dúbida, que hai futuro no audiovisual galego.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »