2º Bacharelato

HORARIO PREPARACIÓN ABAU curso 2019/20

abau

Preme na imaxe para consultar o horario das clases de preparación para a proba de ABAU

ABAU 2020

 

 

 

 

Na web da CIUG están a a disposición dos alumnos os seguintes documentos dos que deixamos ligazón nesta entrada:

Atención!!! Novidade: Publicación do Protocolo Covid-19!!!

[00] Protocolo ABAU 2020: Normas de acceso ao centro e á aula, norma de distribución e permanencia na aula e normas de prevención COVID-19.

[01] Convocatoria ordinaria para as ABAU 2020

[02] Resumo explicativo da Convocatoria ordinaria, e

[03] Instrucións para o alumnado coas indicacións precisas actualizadas referidas aos protocolos sanitarios que esixe esta crise povocada polo Covid-19.

 

Sede da comisión delegada para a realización da ABAU para o alumnado do IES Francisco Aguiar:

C.D.06A

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus de Elviña.

CP: 15071 – A Coruña

 

Calendario exames ABAU Xullo 2020

Ponderación exames ABAU 2020

PAGO TELEMÁTICO de taxas de ABAU e expedición do título

horario abau

 

Para realizar os exames, o alumnado deberá levar consigo:

  • DNI ou documento identificativo: pasaporte, permiso de residencia etc.
  • Resgardo de Matrícula e xustificante de pago
  • Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.

Material axeitado para realizar o exercicio correspondente á materia de Debuxo técnico II e Deseño, así como o dicionario de latín-español ou grego-español e unha calculadora (véxanse as indicacións no documento instruccións ABAU).

No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a.

 

'Regreso ás aulas en Galicia' entrevista en 'La Voz de Galicia'

regreso

regreso

 

 

Compartimos o artigo publicado en 'La Voz de Galicia' onde se describe o retorno ás aulas en varios institutos galegos, así coma unha fotografía do noso particular regreso.

S. C.
BETANZOS / LA VOZ 26/05/2020 00:25 H
 
Susana ha vuelto hoy a clase después de 75 días lejos del instituto. Es, junto a sus compañeros de 2.º de bachillerato del IES Francisco Aguiar de Betanzos, una de los 40.000 alumnos gallegos (de 2.º de bachillerato y de FP) para quienes hoy abrieron las aulas de colegios e institutos. Y está encantada: «Me alegro mucho de haber venido —decía— porque echaba mucho menos la relación con la clase». Claro que los veía por la calle o a través del móvil, «pero no es lo mismo que estar en clase», incluso con la distancia de dos metros.

Nova distribución aulas 2º BAC para a reapertura en Maio 2020 tras a crise do COVID-19

Nova distribución de aulas para a #reapertura2BAC o vindeiro luns 25 maio. O alumnado será reubicado no edificio principal e distribuido según o plano adxunto. Lembrade ler o protocolo que se enviou por mail e responder se ides vir para asegurar unha correcta organización #IESFranciscoAguiar #Betanzos

plano temporal

Un discurso diferente por Manuel Lendoiro de 2º BAC

Na mañá que tería que ser a que recibise a alumnos e alumnas de 2º BAC, aínda elegantes, de volta despois da cea e festa da graduación para  'saludar' ao profesorado do instituto nas súas clases, enlazamos un emotivo 'discurso diferente' que Manuel de 2º BAC compartiu nas súas redes.

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Manuel Lendoiro (@manul_lc) el 21 May, 2020 a las 11:01 PDT

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC: xoves 23 e venres 24 de abril

A UDC nun clic! udc

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. Outros anos puidemos abrir literalmente as nosas portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríganos a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o noso agarimo.

Achégate!



Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!



É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.


Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...



Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.


Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/


E na aplicación móvil UDC.gal para Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil> e para IOS<https://itunes.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es&mt=8>



Disporedes de:

  *   Videoconferencia en directo de cada titulación
  *   Vídeos de Centros Universitarios
  *   Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.



Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

Programa A Ponte, “Encontros Virtuais” da USC, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Dende a USC  nos qhega a seguinte información e iniciativa:.

aponte

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais”  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.

 

 

 

 

 

Viaxe a Barcelona de alumnado de 2º BAC

Para alumnado de 2º BAC Economía. Do 9 ao 12 de marzo.

Visitas: Bolsa de Barcelona, centro cidade, Park Güel, Sagrada Familia...

barcelona

Video informativo probas ABAU curso 19-20

A CIUG publica hoxe un video informativo para aclarar dúbidas acerca da convocatoria das probas ABAU do presente curso.

28 febreiro sesión fotográfica para as orlas de 2º BAC e 2º CS

 

orla

 

 

Nas primeiras horas da mañá virán os fotógrafos para as orlas de 2º BAC e 2º CS. A distribución horaria aproximada da sesións será:

 

de 9:35 a 10:25 BAC 2º A e B

de 10:25 a 11:15 BAC 2º C e D

Recreo profesorado 

ás 11:30 alumnado 2º CS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido