2º Bacharelato
Proxección do documental "Dores"
Os grupos de 2º de Bacharelato asisten á proxección do documental "Dores", sobre os campos de concentración franquistas.
Dúas entregas máis de "SON AGUIAR", a radio do IES Francisco Aguiar
Comezamos coa radio! Efectivamente, a radio da Biblio xa está funcionando!! Xa son varios os podcast que temos gravado, e... seguimos!! Aquí tedes un podcast improvisado que fixemos con alumnado de 2ºde Bacharelato, falando, precisamente, diso, da intensidade do curso de 2º de Bacharelato. Fixemos un percorrido polo curso, analizando os aspectos positivos e negativos e consellos para as "xeneracións futuras". E tamén xa temos dispoñible o que gravamos hoxe no segundo recreo de ESO sobre Mexicanismos.
Non volo perdades!!
Moitísimas grazas ao alumnado pola súa participación.
Visita ao Museo das Mariñas
O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Historia da Música e da Danza, visita o Museo das Mariñas, onde relacionarán a a historia da música coa arte e e a cultura en xeral.
Saída didáctica a Compostela, de 2º de BAC
Enviado por Anónimo o Ven, 31/03/2023 - 12:14Visita a Compostela. 2º de BAC
O alumnado de 2º de Bacharelato visita hoxe a catedral compostelana e, en xeral, a zona vella da capital de Galiza.
Masterclass de Física de partículas para 2º de Bacharelato
O pasado venres 3 de marzo, tres alumnos de 2º de Bacharelato do IEs Francisco Aguiar participaron na Masterclass, "Física de partículas coas mans", unha iniciativa promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas”, que consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo cuxos resultados serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.
Concerto de Theremin - 2º ESO e 2º de BAC
O Departamento de Música organiza un concerto de Theremin para 2º de ESO e 2º de BAC o día 17/01.
Charla de Orientación Académica para 2º de Bacharelato
O Departamento de Orientación organiza unha charla sobre as diferentes posibilidades académicas na USC.
Visita a Santa María de Azogue
O alumnado de B2B/C (alumnado de Historia da Arte) realizará unha visita guiada a Santa maría de Azogue. O guía será Julián Ferrer, porofesor do noso centro, recentemente xubilado.
Visita a Santa María do Azogue
O alumnado de B2E realizará unha visita guiada a Santa maría de Azogue. O guía será Julián Ferrer, porofesor do noso centro, recentemente xubilado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »