2º Bacharelato

A saída didáctica "xeográfica" á illa de Arousa na galería fotográfica

 O martes dia 2 os alumnos de xeografia de Bacharelato xunto cos de terceiro de ESO visitaron a Illa de Arousa cos profesores David del RIo e Teresa Bellon. Subiron ao punto mais alto, visitaron o cabo punta do Cabalo para observar a erosion dos granitos e para rematar fixeron un percorrido polo parque natural do Carreiron onde observaron entre outras cousas unha fermosa lagoa. Todo iso acompanado por un tempo espectacular.

Teresa Bellón

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita na galería fotográfica do centro o álbum da actividade.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Excursión xeográfica á Illa de Arousa

Participación na V Olimpiada de traducción de textos clásicos

04/04/2019 15:00
Etc/GMT+1

seecgalicia

 

 

Unha selección de alumnos/as de clásicas participará na V Olimpiada de traducción de textos clásicos que se celebrará o xoves 4 de abril Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, acompañados polo profesor de Grego Francisco Calaza.

Ademáis de premios en metálico para os gañadores, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente o mércores 15 de maio de 2019 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

 

 

Saída didáctica "xeográfica" á illa de Arousa para o alumnado de Xeografía 2º BAC e 3ºA da ESO

excursion illa arousa

O vindeiro martes 2 de abril, dende as 8:45 ata as 18:00, o alumnado de Xeografía de 2ºde Bacharelato e o de 3º ESO A, realizará unha saída didáctica acompañados polos docentes Teresa Bellón e David del Río, dos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Castelá e Literatura.

Charla para 2º BAC do Servizo de Información ao Estudante da UDC (Universidade da Coruña)

logo udc

 

Xoves 14 de marzo

No salón de actos do centro para todos os 2º de Bacharelato. Charla organizada polo departamento de Orientación.

De 10:25 a 11:15

 

 

Vª edición da Xornada de Orientación

 

 

Un ano máis o Departamento de Orientación, en colaboración con Vicedirección e o profesorado do Ciclo convoca ao alumnado de 1º e 2º BAC a unha Xornada de Orientación o vindeiro sábado 9 de marzo entre as 10.30 e as 13.00h..  E neste ano,  coa colaboración no deseño da información de Carmen Nuñez, ex alumna, bióloga e ilustradora.

O Bacharelato é un momento de   importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.  

 

O panorama educativo constantemente cambiante que  estamos a vivir non facilita a toma de decisións  aos interesados e ás súas familias

 

A nosa convocatoria 

 

. Convidamos ao alumnado de 2º BAC que este ano rematará estudos de secundaria pero tamén ao de 1º BAC para que poida tomar  decisións con maior perspectiva.

 

. Convidamos ao alumnado, pero tamén ás familias, convencidos de que nunha decisión así compre sumar puntos de vista.

 

. Convidamos fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores/as.

 

. Convidamos non tanto a unhas charlas teóricas  canto a un encontro con persoas que estudaron ou estudan aquilo no que podemos estar interesados/as.

 

 . Convidamos non porque dispoñamos dun grande presuposto económico, senón porque atesouramos o inmenso capital humano dun Instituto de máis de medio século.  Contaremos como colaboradores con ex-alumnos/as do IES Francisco Aguiar. 

OS COLABORADORES/AS DA XORNADA

 

- Pedro Rey                                    Prof. UDC

- Mª Jesús Pardo                             Profª.C.S. IES Aguiar

- Pablo Martínez/Carmen Valiño       Mediciña USC

- Laura Nogueira                                Matemáticas UNED

- Carmen Núñez                                 Bioloxía UDC

- Paula Gómez                                Biotecnoloxía USC

- Carlota Gómez.                            Enfermería UDC

- Sara Antelo                                    Fisioterapia

- Lorena Castro                              Química UDC

- Isabel López                                Óptica USC 

- Raquel Veiga                               Podoloxía UDC

- Joaquín Pérez          Arquitectura UDC

- Icía Carro                                    Informática UDC

- Nerea Leiras                                Enx.Desño.Industrial

- Yessica Fernández                          C.S Patronaxe e Moda(IES Paseo das Pontes)

- Ángel Amenedo                           C.S/C.M Electricidade (IES As Mariñas)

- Catuxa Gómez/Óscar Barreiro       EducaciónPrimaria UDC

    Paula García/Laura Antón                 EducaciónPrimaria UDC

- Paula Baroso                               EducaciónInfantil UDC

- Iria Pérez                                    Pedagoxía USC

- Laura Galán                                 Educación Social UDC

- Ainhoa Placer/Silvia Veiga          Terapia Ocupacional. UDC

- Penélope Vidal                            Logopedia UDC

- Antonio Gzálz/Ezequiel Varela     Historia USC

- Andrea Riveira                           Historia da Arte USC

- Lucía Tudó                                    Socioloxía UDC

- Daniel Quintás                           CC. Políticas USC

- Sara Cadaveira/Lidia Roibás       ADE+Dereito UDC

- Candela Montero                        Dereito UDC

- Adrián Mauri / María Vázquez    ESAF/C.S.Admon e Finanzas(IES As Mariñas)

- Marina Muiño/Alicia García       Comunicación Audiovisual UDC/USC

- Elías Teijo                                Publicidade CESUGA

- Silvia Soto/Pablo Ferrer             INEF UDC

- Gala Illanes/Uxía Castelos          Galego USC

Lidia Gómez                           Galego(Español)USC

- Noelia Barbeito                        Español UDC

- Maia López                              Filosofía USC

- Selene Varela/Noelia Fraga         Ling. Modernas USC

- Julio Lorenzo/Álvaro Pérez        Forzas Armadas

- Óscar Alfeirán                            Escola Superior de Hostelería de Galicia

 

Sesión fotográfica para as Orlas de 2º BAC e Ciclo Superior

O xoves 28 de febreiro dende as 9:30 da mañá ca seguinte distribución horaria aproximada sería:

foto orlas

Grupo Horario previsto

2ºBAC E

de 9:35 a 10:25

2ºBAC C

2ºCS

de 10:25 a 11:15
2ºBAC A de 11:45 a 12:35
2ºBAC D
de 12:35 a 13:25
2ºBAC B
de 13:25 a 14:15

 

En función do ritmo ao sacar as fotografías poderíase adiantar algunha das sesións para rematar antes.

 

 

 

 

 

 

 

Consellos sobre diversos aspectos de seguridade informática elaborados por alumnos/as de 2º de Bacharelato TIC II.

Preme nas imaxes para acceder ás infografías interactivas.

001 Seguridade ataques famosos

Comentar que o alumnado fixo un traballo fantástico e a selección para publicitar na web foi un traballo complicado. io

Viaxe a Grecia 2018, seguimos a recibir imaxes.

Viaxe grecia Viaxe grecia

Continuamos a recibir instantáneas da Viaxe Cultural a Grecia que están a realizar un grupo de alumnos/as de 2º de Bacharelato acompañados de José A. Varela (Cheché). Podedes desfrutar delas na galería fotográfica do centro. Ay, cando se enteren que aquí deixamos a boa vida e xa empezamos o curso!!Guiño

Viaxe a Grecia, primeiros documentos gráficos.

Cariatides Os participantes da Viaxe Cultural a Grecia 2018 comezan a darnos envidia, sana, enviando as primeiras fotografías da súa andaina por terras helenas. Aquí os vemos diante da Tribuna das Cariatides situada en la fachada sur del Erecteion de la Acrópolis de Atenas. Podedes acceder as súas primeiras testemuñas gráficas pinchando na imaxe ou entrando na galería fotográfica do centro. Nesta galería se clicades na imaxe que se está a amosar se abrirá nunha ventá coa máxima calidade. Agardamos más imaxes desta singular expedición. Desfrutade, que xa non queda nadiña para comezar o curso.
Distribuir contido