ABAU XUÑO 2018
Pois xa está ...mañá chega a ABAU para o noso alumnado que superou o 2º BAC.
Malia a fama que ten a proba entre os que a abordan cada ano, podemos certificar que non é tan complicada como se pensa... aínda que se o noso alumnado ten algún nervio non é estrano ( non en van é o primeiro examen que fan diante de quen non os coñece)
Dende a páxina web do IES Francisco Aguiar queremos desexarvos SORTE e, actuando un pouco como avós "cebolleta" recomendarvos algúns consellos para que os teñades en conta :
1. A ABAU comeza mañá ás 9.00 coa presentación e logo ás 10.00 coa proba de Lingua Castelá pero realmente hai algunhas cousas que preceden a ese momento que non debedes descuidar:
- ◦ Por moito que queirades apurar o estudo, non faredes ben o pequeno maratón que comeza mañá se hoxe non durmides as horas suficientes e non vos alimentades ben mañá ao erguerse da cama.
- ◦ Cando vaidades esta noite para cama aconsello deixar preparadas as cousas que precisaredes para o día seguinte: DNI ou documento identificativo, varios bolígrafos de tinta azul e/ou negra imborrable, calculadoras( permitidas), diccionarios....
- ◦ Os que usedes o bus que partirá do insti... ter en conta que hai que estar alí con todo preparado ás 7.50-8.00h.
- ◦ E, por se alguén o precisa... sesión previa de perruquería para asegurar que están "despexados os pavillóns auditivos para verificar que non se usan dispositivos auditivos non permitidos". ;)
2. Poñer o espertador.... e o da nai, do pai, do irmán se é preciso para espertar a tempo. Logo do antedito almorzo ( ainda que o estómago, seica, non admita moito por estar repleto de nervios) chegar puntual para colller o bus.
3. Unha vez no lugar das probas, acompañados polo mellor acompañante que temos en plantiña para o mes de xuño(Xosé Luis Mosquera), prestade máxima atención ás instruccións e seguídeas ao pé da letra.
4. Repartirán os códigos identificativos que debedes conservar e gardar sempre con moito coidado (sempre no mesmo lugar, sempre coas mesmas rutinas...) E non esquezades que os exames son obrigatoriamente anónimos: non asinedes nin os marquedes de ningún xeito ( podería ser causa de anulación), só pegar os vosos códigos en cada caderniño.
5. Non esquezades que cada examen se entrega nun único caderniño e supón a elección dunha opción ( A ou B) que debedes contestar de modo excluinte ( non mesturar respostas de ambas).
6. O tempo máximo de cada proba son 90 minutos pero antes de 30 minutos non poderedes sair da aula. Consello: procurade sacar todo o que teñades ...e algo máis. Entregar en branco ou de calquera xeito é autosuspenderse. Lembrade que durante o examen non se permiten preguntas ( lembrade a Francisco...)
7. Ollo coas calculadoras programables, móbiles e reloxos intelixentes, non están permitidos.
SORTE!
Confiade, por riba de todo no traballo que fixestes ao longo do curso,
que non foi pouco, e que agora agromará, seguro, en bos resultados.