2º Bacharelato

Derradeiro Club de Lectura de 2º BAC. Crónica de Noelia Barbeito

O pasado venres 22 de abril celebrouse a última reunión do club de lectura presencial de 2º de Bacharelato, despois de ter quedado en varios recreos al longo do curso para realizalo.

Nesta ocasión se proxectou a curtametraxe de Áchero Mañas, "Paraísos Artificiles", que conta as experiencias dun rapaz con distintas drogas. Este, atópase nunha clínica e recorda o primeiro que o fixo sentir nese paraíso no que el di estar cando consume drogas, as voltas que lle daba o seu pai cando era neno. Despois, os recordos pasan á sensación que sentía cando esnifaba pegamento, pero isto foi aumentando cando comezou a fumar hachís, pero non sería nada comparado co LSD, que o facía pasar por todo tipo de alucinacións, malestares..., ata chegar a ese paraíso que el buscaba, que se representa nunha escena moi significativa no corto, onde el aparece rodeado de pétalos de rosas. Finalmente, a heroína, aínda que xa di que el é así, que está farto de todo, e que xa lle da igual morrer. Esta é a escena final, a da crucifixión nunha xeringa, moi impactante, como metáfora de que iso é o único que o sostén. É a imaxe dunha persoa acabada, sen ganas de vivir, que non busca pracer noutra cousa que non sexan as drogas.


Este corto foi moi impactante, polo simple feito de que non é un alegato contra as drogas, senón que as presenta como o que realmente son , os efectos que producen e o que fan sentir, pero en ningún momento as critica, simplemente deixa a elección de cada un; por iso a toda a clase nos deixou boquiabertos. 

Noelia Barbeito

Calendario de exames finais 2º BAC

 

Vale que o curso de 2º BAC é duro...pero compre un esforzo máis!

Vai neste enlace o calendario da semana final de exames

 

Crónicas dos clubs de lectura presencias de xaneiro e febreiro. David Otero e Mar Nieves

O equipo da Biblioteca do IES Francisco Aguiar leva un  par de años poñendo en práctica unha modalidade de club de lectura especialmente adaptada ao alumnado de 2º BAC. Conscientes da carga lectiva e a presión deste derradeiro curso de bacharel, o club de lectura realízase de xeito presencial durante un dos recreos de bacharelato. Durante este periodo de, máis ou menos media hora, lese un relato curto, poesía, curtametraxe, canción...e logo comeza a posta en común. 

Dende este ano tamén,  algún dos participantes escribe unha pequena crónica da experiencia. Unímos así lectura e escritura.

O  número de aistentes e a fidelidade, pese aos agobios do curso, dan fe da boa acollida desta inciativa. 

Club de lectura de xaneiro

Ilustración: Anemone Kloss

 

En esta quedada del club de lectura presencial, tras la progresiva llegada de los interesados, escuchamos "Heroin" de The Velvet Underground, una magnífica canción y obra poética en la que Lou Reed nos presenta los efectos causados por esta droga. A continuación aprovechando ya este tema, observamos un breve corto de Daniel Sánchez Arévalo, Expres, en el cual se observa la dura situación que vive una madre ante los continuos saqueos de su hija para conseguir un "pico" y la constante tortura producida por la degeneración de su hija ante tales vicios. 

David Otero

 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA PRESENCIAL FEBREIRO

 

Na reunión do club de lectura celebrada o pasado xoves 4 de marzo tratamos o tema máis falado da semana entre os cinéfilos: os Oscar. Os premios con máis sona da historia do cine tiveron, este ano, bastantes críticas por parte dos seus seguidores, e mesmo dos actores. Aínda que a gran protesta da gala deste ano foi a falta de representación de persoas negras nas nominacións, nós tratamos un tema radicalmente distinto: a música.

A artista Antony, abertamente transexual, estaba nominada a mellor canción pola súa obra "Manta Ray" (que escoitamos na clase), mais non foi invitada a actuar na gala. Pola contra, si foron acollidos de bo agrado Sam Smith e Lady Gaga, tamén nominados, e incluso Dave Grohl, sen ningunha nominación.

Por feitos coma este se pode imaxinar o filtro que a Academia utiliza para elixir quen si é válido e quen non o é. Xa sexa porque non é coñecida no mundo da música, por ser transexual o pola mensaxe que transmite a súa canción, a Antony non se lle foron concedidos os mesmos dereitos que ao resto de artistas.

Unha vez rematado o debate sobre os Oscar, tivemos a ben ler un poema titulado Ahora tenemos muertos, de Karmele Jaio. Aínda co pouco tempo do que dispoñiamos, fumos capaces de desenrolar verso a verso o seu contido para atoparnos finalmente cunha dura verdade: medrar vén con moita equipaxe, e non é sinxelo cargar con ela.

Mar Nieves Fernández

Olímpicos do Aguiar en Santiago

 

Como xa anunciaramos,  cinco alumnos de xeografía do noso instituto, acompañados pola profesora Teresa Bellón, participaron o venres 4 de marzo na II Olimpíada Xeográfica de Galicia. Non foi posible acadar ningún galardón desta volta pero para os participantes a experiencia foi moi divertida e enriquecedora. 

Presentámolos radiantes no Departamento da Xeografía da facultade, nos tellados con espectaculares vistas dende a mesma Facultade e no clásico árbore da Ciencia do Instituto Pai Sarmiento "elexindo" carreira. 

 

Fose como fose...citius, altius, fortius, aguiarenses

O Aguiar na II Olimpíada Xeografica de Galicia

A Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia, en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, organizan a II Olimpíada xeográfica de Galicia co fin de visibilizar esta disciplina tanto na sociedade en xeral como entre o alumnado en particular.

Do noso IES participarán 5 alumnos e alumnas matriculados en segundo de bacharelato que cursan a materia de Xeografía. Trátase dunha participación individual. Pero o Aguiar presenta un equipo formado por: 

Tamara Allegue,

Iago Codesido,

Mar Nieves,

Lucía Tudó e

Javier Villaverde

 acompañados pola súa profesora Teresa Bellón . 

A olimpíada celebrarase o día 4 de marzo no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago e os tres primeiros clasificados representarán a Galicia na fase estatal que terá lugar os días 15, 16 e 17 de abril de 2016 en Salamanca.

 

AGUIARENSES:  CITIUS,  ALTIUS,  FORTIUS!

 

Xornada de orientación para alumnado de BAC e familias

Unha xornada cun sinxelo programa ( enlace) na que ex alumnos/as do IES Francisco Aguiar son os protagonistas orientando aos actuais estudantes de BAC e ás súas familias no complicado panorama ao que se enfrontan.  Velai o elenco!

 

- Salvador Naya Vicerreitor e  Prof. Matemáticas da UDC

- Victoriano Rdguez. Prof. de Ciclo Superior FP

 

- Inés Barbeito Matemáticas/Máster Estatística USC

- Lucas Longueira Física/Máster Estatística USC

- Critina Babío/Leticia Iglesias Química USC/UDC

- Paula Ramos Medicina USC

- Fátima Gómez Fisioterapia UDC

- Patricia Novo Enfermería UDC

- Verónica Caínzos Ciencias do Mar UVigo

- Alvaro Couto Tecnoloxía  da Enxeñería Civil UDC

- L. Miramontes Naútica e Transporte Marítimo UDC

- Manuel del Río Informática UDC

- Marta Seijo Comunicación  Audiovisual UVigo

- Catuxa Gómez/Laura Antón Maxisterio(primaria)UDC

- Icía Rodríguez Xornalismo USC

- Elaine Monteagudo Dobre Grao  Inglés e Galego-Portugués UDC

- Berta Otero Información  e Documentación UDC

- Lucía Díaz Tradución e I. UVIgo

- Lucía Arias ADE UDC

- David Martínez Piloto Comercial e ADE(ABS)

- Paula Pedreira Dereito UDC

- Andrea Montero Educación Social UDC

- Érika  Psicoloxía UDC

- Sara Fraga Historia USC

- Lidia Gómez Graos en Galego e Español USC

- Ana Acción CS Xoieiría EASD Mestre Mateo

 

- César de Andrés Xestión Hotelera USC

 

Grazas pola colaboración e por seguirvos sentindo parte do Aguiar

Xoves 21 de xaneiro. Charla de Orientación para 2º BAC.

     O xoves 21 de xaneiro  o profesor Pedro M. Rey Suárez dirixirase ao alumnado de 2º BAC do noso instituto nunha charla de orientación sobre a universidade e sobre a nova etapa que se abre para eles unha vez rematada a do ensino secundario.

     A actividade, organizada polo Departamento de Orientación do noso instituto, que dirixe Amparo Mejuto,  contará coa presenza de Pedro M. Rey Suárez, profesor de "Fundamentos da análise Económica"  na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela

 

Club de lectura presencial. 2º BAC. Crónica de Sara Parga con felicitación engadida

 

Ayer, ante nuestra insistente demanda, repetimos, de manera improvisada, la experiencia de la anterior semana: el club de lectura presencial de segundo de bachillerato.
Esta vez, comenzamos leyendo un Villancico de Manuel Vicent (de carácter realista determinista) en el cual se presenta la cruda verdad que a veces ignoramos en estas fechas tan señaladas del año; continuamos leyendo sencillos, a la par que complejos, aforismos de gran diversidad de autores. Por último finalizamos el encuentro con fragmento de la obra de Haruki Murakami, Tokio Blues. (la próxima lectura del club de lectura de adultos).
Asimismo, despedimos el año lector con la presencia de nuestro profesor Francisco Rodríguez, que hace todo esto posible además de ofrecer los contenidos mediante palabrasmaldichas.blogspot.com, su blog personal.
Está claro que la experiencia resulta un exito entre todos nosotros. Sin duda 2016 no dejará a nadie indiferente. Por eso, los lectores de segundo de bachillerato, en nombre de la comunidad del IES Francisco Aguiar, os deseamos una muy feliz Navidad.

Sara Parga Pérez

Charla de orientación para 2º BAC

Un ano máis o Departamento de Orientación, que dirixe Amparo Mejuto, e o Ciclo Superior de Xestión de Espazos Comerciais a través do seu profesor Victoriano Rodríguez,  reuniranse nunha charla informativa co alumnado dos catro grupos de 2º BAC do IES Francisco Aguiar. 

O obxecto desta charla é informar ao alumnado sobre aspectos básicos de orientación para abordar os vindeiros meses cheos de importantes decisións:

  • como será a proba de selectividade,
  • que outras saídas se plantexan como alternativa a ela,
  • como deseñar o plan de estudos logo do bacharelato,
  • as alternativas no mundo universitario,
  • as saídas que se propoñen dende a formación profesional....

 

O xoves 3 de decembro ás 11.45 no Salón de Actos terá lugar o encontro que agardamos sexa de grande utilidade para o noso alumnado.

Visita á exposición "A Ciencia e a Tecnología da Luz". 27 novembro 2015

Mañá viaxeira a que nos agarda neste 27 de novembro no Aguiar.

Viaxeira e ilustrada!

En primeiro lugar  referirémonos á visita didáctica do alumnado de Física de 2º BAC e de Robótica de 1º BAC.

Acompañados polos seus profesores Luísa Muiño e Juan M. Neira poderán disfrutar, neste "Ano Internacional da Luz" dunha exposición no Museo Provincial de Lugo que leva por título "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz"


 

 

Distribuir contido