Xoves 21 de xaneiro. Charla de Orientación para 2º BAC.
O xoves 21 de xaneiro o profesor Pedro M. Rey Suárez dirixirase ao alumnado de 2º BAC do noso instituto nunha charla de orientación sobre a universidade e sobre a nova etapa que se abre para eles unha vez rematada a do ensino secundario.
A actividade, organizada polo Departamento de Orientación do noso instituto, que dirixe Amparo Mejuto, contará coa presenza de Pedro M. Rey Suárez, profesor de "Fundamentos da análise Económica" na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela
»