2º Bacharelato
A viaxe a Atenas. Crónica de urxencia ( actualizado con novas imaxes)
Aguantando-disfrutando (según quen opine) temperaturas que rondan os 30 graos, os nosos viaxeiros clásicos remítennos unha imaxe e unhas palabras ( escuetas, que hai moito que ver e que facer)
"Todos contentos e con forza, aprendendo e admirando a antiga cultura grega coas explicacións de Rafi e entendéndonos e practicando inglés e grego polas rúas do centro (de Atenas). Por diante unha tarde na Ágora e en Plaka e Monastiraki.. A viaxe dende logo está merecendo a pena. Grazas a Rafi, María José e ó Instituto por facela posible."
Para os vindeiros días os nosos compañeiros comezan as viaxes fora de Atenas: O Peloponeso para disfrutar de Corinto e Micenas, Delfos.... ¡que envexa!
¡que o disfruten e aprendan! (Rafi e Mª José xa se encargan disto)
Polas rúas de Atenas No Museo Nacional
As rapazas de 4º O Olimpeion
A graduación na Voz
Adiós a las aulas (por ahora)
01 de junio de 2014 05:00
Continúa el reguero de graduaciones y fiestas de fin de curso. Otros seis centros se suman a los que ya hemos mencionado en estas páginas en las últimas semanas. Los alumnos de la promoción del 2014 de la Grande Obra de Atocha, los institutos de Adormideras, Monte das Moas, Salvador de Madariaga, el Francisco Aguiar de Betanzos y la Universidad Laboral disfrutarán previsiblemente del verano de sus vidas antes de embarcarse, de nuevo, en la vorágine de los estudios universitarios, la preparación para adentrarse en el mercado laboral y todo lo que les queda todavía por vivir, que aunque en estos momentos seguro que lo dudan, es muchísimo.
Ahí tienen las imágenes, los retratos de una inmensa felicidad, las caras de satisfacción de los que están llamados a ser los profesionales del mañana. La generación de jóvenes que está llamada a hacerlo mejor de lo que lo hicieron los que los precedieron. Y a buen seguro que será así. Mientras llega el momento de que asuman las inevitables responsabilidades, solo podemos darles la enhorabuena y, sobre todo, aconsejarles que lo disfruten.
Os sobres da Graduación (¿escándalo? )
Non paran as redes sociais de falar do evidente reparto de sobres que tivo lugar na cerimonia de graduación do alumnado do Aguiar o pasado 29 de maio.
Como cada ano os graduados reciben do seu titor unha insignia e un sobre que, nesta ocasión, contiña.... dous humildes obsequios.
Un tiña que ver co pasado. Non era outra cousa que a tradicional orla que recolle as fofotgrafías de todo o alumnado da promoción e dos seus profeso res.
O outro era unha tarxeta "caseiriña". No anverso levaba unha imaxe que o Instituto recibíu como regalo da artista Sabela Arias. Un ha viñeta da serie "Icía e Avoa"
En canto ao texto que se atopaba no reverso da ilustración de Sabela, tratábase dun pequeno relato dos "contos ao teléfono" de Gianni Rodari que leva o título de "Historia Universal".
No inicio, a Terra estaba toda desamañada e facela máis habitable constituíu un fermoso labor. Non había pontes para atravesar os ríos. Non había camiños para subir as montañas. Queríaste sentar? Non había un banquiño á sombra. Caías co sono? Nin sequera había leitos. Non había zapatos nin botas para non se picar os pés. Nin lentes para os que vían pouco. Nin balóns para xogar un partido. Faltaban a pota e o lume para facer o caldo, e mesmo faltaba o unto. Non había nada de nada. Cero máis cero e basta.
Soamente había homes e mulleres con dous brazos para traballar, e así os erros máis grandes puidéronse remediar. Con todo, fican aínda moitos por corrixir: refucide as mangas, hai traballo para todos!
¡SOBRES ERAN! PERO....
Acto de Graduación da Promoción 2014
O 29 de maio, coa presencia do Alcalde e do Concelleiro de Educación de Betanzos, a comunidade educativa do IES Francisco Aguiar "okupou" o Polideportivo para facer ¡"festa rachada"!. A festa de graduación 2014.
Era unha verdadeira ledicia ver cheo este espazo do noso Instituto. Alí estaban os alumnos e alumnas de 2º BAC que se graduaban, acompañados das súas familias, dos seus profesores , e de moitos antigos alumnos doutras promocións que se achegaron ata a cerimonia. Non faltou tampouco a representación de alumnos de cursos inferiores movidos pola curiosidade ou a amizade con algún dos graduados.
Todos eles chamados polo sentimento comun de orgullo por ter estudado e formar parte da comunidade do IES Francisco Aguiar.
Houbo tamén dúas presenzas que compre subliñar. Por unha banda, a de Pepita que durante tantos anos foi alma da nosa cafetería e calmante, non só dos nos estómagos coas súas tortillas, senón tamén dos nosos ánimos co seu sorriso a proba de calquera adversidade. A outra presenza foi o recordo que tódos os alumnos que interviñeron fixeron do noso compañeiro, Sebastián Buedo do que se lembrou o seu humor e o cariño pola profesión e polo alumnado que sempre o caracterizou.
Divertido e oportuno o discurso do alumnado de letras a cargo de Catuxa e Iago. Entrañable e emotivo o de Nuria e Eva representando ao alumnado de ciencias. Brilante, reivindicativo, máis que divertido e con emocionante aperta final a intervención de Tino en representación do profesorado.
Para amenizar o acto dúas coñecidas cancións a cargo do grupo de 1º BAC dirixidos por Blanca. Unha espectacular interpretación das cantareiras de Lanzalía. E o grupo de Xoel, Manuel e Javier coa colaboración estelar de Maia ao cello interpretando o Halleluja de Leonard Cohen. De remate un video con vellas imaxes dos graduados que a máis dun lle trouxeron á mente a canción "Mmmmm ¡como hemos cambiado!"
Pero os auténticos protagonistas, eso sí, foron os alumnos e alumnas que compareceron radiantes e guapísimos. Elegantes eles. Deslumbrantes e subidas en arriscados andamios elas. ¡ ollade !
2º A coa súa titora Concha Barrilero
2º B coa súa titora Mª Jesús Suárez
2º C co seu titor Luis Gorrochategui
2º D coa súa titora Teresa Bellón
NOTA 1
Queremos adicar un agradecemento moi especial ás persoas que tanto traballaron por facer do Polideportivo un espazo agradable para este entrañable acto : Elvira, Lucía, M José, Xosé Manuel Rey, Glen, Ofelia. E outro, moi especial, para Esther que, sen previo aviso, fixo de reporteira.
NOTA 2
A nosa eficiente reporteira puido captar imaxes de cada un, no momento de recoller a insignia e a orla, e máis doutros momentos do acto. Se alguén quixera estas imaxes só debe poñerse en contacto coa vicedirección.
Teatro no Aguiar:"Marx no Soho", de Pepe Sendón
Por iniciativa do Departamento de Economia e a colaboración dos Departamentos de Lingua e Literatura Galega, Ciencias Sociais. Xeografía e Historia e Actividades Extraescolares chega ao noso centro o monólogo de Pepe Sendón, "Marx no Soho"
A representación terá lugar o vendeiro venres 9 de Maio, a partir das 12.35 horas no Salón de Actos. Está obra vai dirixida ao alumnado de Economía e Historia Contemporánea de 1º e 2º BAC.
Bachareles do mundo ¡Uníos!
Chegou aos nosos oídos... 42 Premios Minerva, Icía Rodríguez Arias
Chegou aos nosos oídos... , e brincou de led-icía o literario corazón do Aguiar, ao coñecer que este xoves 24 de abril reuniuse o xurado da XLII edición dos Premios Literarios Minerva, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente.
O Xurado acordou outorgar un accésit a Icía Rodríguez Arias, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo seu traballo “Xadrez”.
¡NORABOA!
Alumnos de tecnoloxía visitan APP+
O alumnado de Tecnoloxía Industrial de 2º BAC visitou o 24 de abril, acompañado do seu profesor Juan Neira, as instalacións da empresa APP+
Visita do alumnado de 2º de bacharelato ao "Ciclotrón"
A semana que transcorrerá entre o 7 e o 11 de abril será este ano a grande festa da Ciencia e a Tecnoloxía no Aguiar coa celebración da III Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.
Dentro das actividades desta Semana, o luns, a partir das 10,25, o alumnnado de Física e Tecnoloxía de 2º BAC viaxará ao Hospital Clínico Universitario de Santiago invitados por Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Con esta visita terán a ocasión de coñecer unha das últimas tecnoloxías no campo da imaxe molecular, o Ciclotrón (acelerador circular de partículas)
Estamos seguros que será de grande interese para o alumnado e un auténtico privilexio que os rapaces e rapazas do Aguiar poidan coñecer de primeira man instalacións tan punteiras.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »