Taboleiro

Actividade colaborativa

25/11/2022 10:35
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Actividade colaborativa co CEIP Villamarín

24/11/2022 08:40
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de EP dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Visita á sección de hipermercado de Eroski

22/11/2022 14:15
22/11/2022 16:30
Etc/GMT+2

O alumnado de ciclo visita o hipermercado Eroski para coñecer un caso real dunha política de implantación de produtos dentro dos lineais, así como a planificación e preparación de campañas de promoción como o Black Friday.

Bases do Concurso de Debuxo contra a violencia de Xénero

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de debuxos sobre esta temática a e a súa denuncia.
 
CONCURSO DE DEBUXO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de debuxos sobre esta temática a e a súa denuncia.
 
 
BASES DE PARTICIPACIÓN
 

1. 

Pode participar todo o alumnado. Cada persoa pode envíar até dous debuxos, que serán entregadas á profesora Elena Pernas, docente de Matemáticas.

 

2. 

Os debuxos participantes no concurso terán como tema “A violencia de xénero”.

 

3. 

A identificación persoal da autoría do debuxo realizarase unha vez emitida a resolución do xurado.

 
3. As persoas que presenten os seus debuxos ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O IES Francisco Aguiar resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos presentados, fosen premiados, ou non.
 
4. A presentación dos debuxos poderá realizarse desde o mesmo día da publicación destas bases na páxina web do IES Francisco Aguiar até o día 21 de novembro de 2022, ás 14:15h.
 
5. Haberá un xurado integrado por cinco persoas, tres profesores e dous alumnos, que será o encargado de avaliar os debuxos presentados.
 
6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.
 
7. O xurado emitirá o fallo o día 25 de novembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar, e no que designará o mellor debuxo e os finalistas.
 
8. O premio entregarase en Dirección durante o segundo recreo do día 25 de novembro. Consistirá nun vale de 15 euros para o primeiro premio e dous de 10 euros para os áccessit, para a compra dun libro ou disco.
 
 

9. 

A presentación dun debuxo á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases. Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

Días festivos na semana de 31 de outubro

Comunicamos que a día 10 de outubro o Consello Escolar acordou trasmitir á Xefatura Territorial a solicitude dos seguintes días non lectivos: 2 de novembro e 2 de maio.

A Xefatura Territorial ven de comunicar que acepta esa petición, polo tanto o próximo día 2 de novembro non haberá clase no noso IES.

Lembramos que o Consellería de Educación, na súa ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinou que, no curso 2022-2023, o día do Ensino se celebre o próximo 31 de outubro, que se considera día non lectivo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.html

 

Finalmente, cabe lembrar que o día 1 de novembro é festivo de ámbito estatal.

 

Charlas do Plan Director para a Convivencia Escolar

O pasado día 18 de outubro, e ao longo dos días 20 e 21 de outubro, a Guardia Civil visitou o noso centro para dar charlas informativas en 1º, 2º e 3º de ESO, no marco do Plan Director para a Convivencia Escolar. 

 

Experiencia de emprendemento

13/10/2022 09:30
13/10/2022 10:35
Etc/GMT+2

O alumnado do ciclo formativo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais teñen unha conferencia sobre unha experiencia de emprendemento, co fin de coñecer experiencias de persoas emprendedoras e saber das tramitacións necesarias, así como as ferramentas precisas para o emprendemento.

Obradoiro de Apoderamento Lingüístico

09/11/2022 07:35
09/11/2022 11:25
Etc/GMT+2

O alumnado de 4º de ESO C e D recibirán un obradoiro de "apoderamento lingüístico" impartido pola sociedade cooperativa Rexenerando e ofrecido polo Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.

Obradoiros do Plan Director para a Convivencia Escolar

20/10/2022 06:45
20/10/2022 09:30
Etc/GMT+2

Os grupos de 1º de ESO teñen un obradoiro para a mellora da convivencia escolar, impartidos pola Guardia Civil.

URXENTE - Inicio de curso 8 de setembro

As clases de ESO comezan no seu horario normal, ás 8:45, acabando ás 14:15. 

 

As presentacións dos grupos vanse desenvolver nos dous primeiros períodos lectivos. 

 

No inicio da mañá, o alumnado de ESO ten que ir á zona de espera indicada na seguinte táboa:

 



CURSO

ZONA DE ESPERA

1º ESO

Inmediacións

ENTRADA

2º ESO

Cancha do PAVILLÓN

3º ESO

Cancha da

BIBLIOTECA

4º ESO

Inmediacións PORQUERIZAS



Unha vez chegado á zona de espera, o alumnado deberá eguir, de ser o caso, as indicacións do profesorado, relativas aos espazos acoutados, pensados para evitar aglomeracións.

 

O alumnado de cada grupo será chamado por orden de lista polo seu titor ou titora, que acompañará o grupo á súa aula.

 

 

 

No caso do alumnado de Bacharelato, a acollida comeza ás 12:45, acabando ás 14:15

 

Á súa chegada, o alumnado de Bacharelato e Ciclo formativo ten ir á zona de espera indicada na táboa.



CURSO

Zona de espera

1º BAC

Inmediacións

ENTRADA

2º BAC

Cancha do PAVILLÓN

1º e 2º 

Ciclo Superior

 XVEC

Inmediacións PORQUERIZAS




Como acontece coa ESO, unha vez se chegue á zona de espera, o alumnado deberá seguir, de ser o caso, as indicacións do profesorado, relativas aos espazos acoutados, pensados para evitar aglomeracións.

 

O alumnado de cada grupo será chamado por orden de lista polo seu titor ou titora, que acompañará o grupo á súa aula.

 

O venres 9 de setembro todos os grupos de Bacharelato e Ciclo terán clases no horario normal.



Distribuir contido