Taboleiro

Programa Publigualdade, impartido pola ASEDUC

09/12/2022
14/12/2022
Etc/GMT+2

Iníciase o programa  PUBLIGUALDADE, que se estenderá até o 14 de decembro e que se dirixe aos grupos de 3º de ESO

Publigualdade é un programa subvencionado pola Deputación da Coruña, co cal se pretende sensibilizar á mocidade sobre a igualdade e a violencia de xénero e mesturar os coñecementos que posúen xunto as ferramentas publicitarias, para poder coñecer os efectos negativos das mesmas.

 

Este é o calendario das sesións:

Obradoiro sobre cerámica micénica

05/12/2022 10:35
05/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

A profesora titular de universidade Teresa Amado impartirá un obradoiro de cerámica micénica ao alumnado de Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO.

LA SABIDURIA DE GRECIA: La Cerámica y la Orfebrería Micénicas

Visita guiada a exposición sobre instrumentos medievais

01/12/2022 10:35
01/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

Un dos grupos de terceiro de ESO fará unha visita guiada en Betanzos para relacionar a música e a cultura da Idade Media coa arte. 

Recollida solidaria de Alimentos 2022

O pasado venres 25 e o sábado 26 de novembro unha boa parte do noso alumnado de 4º participou na recollida de alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos.

Os rapaces e rapazas deron un bo exemplo de solidariedade e de entrega polos demais.

Moitas grazas a elas e eles, no nome do Banco de Alimentos de Rías Altas e xaora, moitas grazas de parte do equipo directivo deste instituto.

Álbum: Curso 22-23 -> Recollida Solidaria de Alimentos 2022

Concurso de debuxos contra a Violencia de Xénero

Hai uns semanas convocamos un concurso de debuxo para que o alumnado expresase o seu rexeitamento á violencia que sofren as mulleres, de cara á conmemoración escolar do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

Xa temos gañadoras. Vimos de entregarlles un premio a cada unha, consistente nun vale para a adquisición de produtos culturais.

 

 

 

Podedes ver os debuxos presentados ao concurso aquí

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Parte do alumnado de 2ºD de Bacharelato, xunto á profesora Teresa, fixo unha foto colectiva para mostrar o seu rexeitamento á violencia contra a violencia que sofren as mulleres.

 

 

 

E no caso dos grupos de 2º de ESO (o alumnado da profesora Alma), recollemos unha imaxe resumo da actividade realizada pola docente en relación ao 25-N.

 

Visita ao supermercado Mercadona, en Betanzos

29/11/2022 14:00
Etc/GMT+2

O alumnado de ciclo visita o hipermecado Mercadona para coñecer, nun caso real, a distribución de seccións e reparto de lineais do estabelecemento de venda, así como da organización do almacén, da man do responsábel do supermercado.

Actividade colaborativa co CEIP Vales Villamarín

22/11/2022 10:35
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Actividade colaborativa co CEIP Vales Villamarín

02/12/2022 10:35
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Actividade colaborativa co CEIP Vales Villamarín

01/12/2022 08:40
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Distribuir contido