Taboleiro

Exposición das Balconadas

 

 

   Finalmente será o próximo mércores 28 de setembro ás 19:30 o día da inauguración da exposición fotográfica Balconadas, composta polas fotos realizadas, baixo o liderado de Xosé Manuel Rey Bao, polo alumnado de Plástica de 3º de ESO (Curso 2021/2022).

Sala de Exposicións do Edificio Liceo de Betanzos.

O horario de visitas é o seguinte:

De luns a venres, de 10 a 14 e de 19 a 20 h.

Sábado, de 11:30 a 14 horas e de 18 horas as 22 horas.

 
   Aínda que xa estamos afeitos á excelencia dos seus traballos, este vídeo realizado por Julián Ferrer, ademais de animar á visita da exposición, resulta ser unha curtametraxe necesaria que permite (e mesmo demanda) varios visionados.

Saída a Miño de E2B e E2D

No día de onte, os grupos de E2B e E2D saíron de excursión á zona da Ponte de Porco, en Miño e aproveitaron para baixar á praia.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Saída de Miño

Proxecto Terra 2021/2022

Nestes arquivos de imaxe e audio poden seguirse os traballos realizados no marco do Proxeto Terra por parte do Departamento de Educuación Plástica e Visual durante o curso 2021/2022.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Proxecto Terra

Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar publicou, un ano máis, a súa revista de banda deseñada, Ban-De, dedicada este ano ao debuxante arxentino Quino. 

 

 

IMPORTANTE INFORMACIÓN RELATIVA Á MODIFICACIÓN NO HORARIO DE SAÍDA PROBAS ABAU: 7:30 HORAS

02/06/2022 12:13
Europe/Andorra

 

IMPORTANTE INFORMACIÓN RELATIVA Á MODIFICACIÓN NO HORARIO DE SAÍDA PROBAS ABAU: 7:30 HORAS

 


A Empresa Gilsanz (á que agradecemos o servizo gratuito de transporte ao Campus da Coruña) comunica que o horario de saída da Avenida da Coruña (diante do Instituto) será ás 7:30 horas.
Esta é a única maneira que lle permite poder compatibilizar esta viaxe a Coruña cos seus servizos de transporte.

Saída didáctica ao Castro de Viladonga

O Departamento de Xeografía e Historia organizou unha saída ao castro musealizado de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo) o pasado 10 de maio.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Excursión E1C/D ao castro de Viladonga

Axuda do Fondo de Libros e Material Escolar

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicou a Orde do 29 de abril de 2022, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto. Esa orde convoca axudas para adquirir libros de texto, pero tamén material escolar.

As axudas son para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022.

As instrucións poden consultarse no seguinte enlace.

 

 

Convocatoria dos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2022-2023

Vén de ser publicada a convocatoria dos Premios Extraordinarios de Bacharelato.

Pódense consultar os requisitos, o prazo e presentación de solicitudes, etcétera, neste enlace.

 

 

 

Iniciación á ximnasia rítmica

Ana Vilela,  adestradora de ximnasia rítmica e xuíza pertencente ao club "Volvoreta", de Begonte, e  que se encontra realizando as prácticas do máster de profesorado de secundaria no IES Francisco Aguiar, impartiu durante a semana pasada unhas sesións de iniciación á Ximnasia Rítmica para o alumnado de 1º e 2º de ESO.
O alumnado iniciouse no uso da bóla, a fita, as mazas e os aros, resultando unha actividade novidosa e enriquecedora.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Ximnasia rítmica

Saída ao Conservatorio Profesional da Coruña

O pasado 27 de abril o alumnado de 2B e 2C asistiu a un concerto de vento metal no Conservatorio Profesional da Coruña. Repasamos os compoñentes do quinteto de metais, escoitamos música de varias épocas e mesmo acompañamos aos músicos coas palmas e os pés.

Para finalizar, vimos un corto de Mickey Mouse con música en directo. Foi unha experiencia moi positiva!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Saída ao Conservatorio Profesional
Distribuir contido