Recollida solidaria de Alimentos 2022

O pasado venres 25 e o sábado 26 de novembro unha boa parte do noso alumnado de 4º participou na recollida de alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos.

Os rapaces e rapazas deron un bo exemplo de solidariedade e de entrega polos demais.

Moitas grazas a elas e eles, no nome do Banco de Alimentos de Rías Altas e xaora, moitas grazas de parte do equipo directivo deste instituto.

Álbum: Curso 22-23 -> Recollida Solidaria de Alimentos 2022