Club de ciencia

Club de Ciencia - Química

O Club de Ciencia realizou o mes de abril dúas novas sesións, dedicadas á Química.

Álbum: Curso 22-23 -> Club de Ciencia - Química (abril 2023)

Club de ciencia e Meteoescolas: crónica da actividade de iniciación á astronomía

O pasado 31 de xaneiro tivo lugar un obradoiro de iniciación á astronomía no IES Francisco Aguiar, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas. A súa posta en práctica tivo dúas fases diferenciadas: a primeira, na aula de informática, na que o alumnado aprendeu a evolución do concepto de gravidade desde a antiga Grecia até a actualidade; repasáronse os principais movementos da Terra para despois aprender a orientarse, guiándonos polo Sol durante o día e polos demais astros pola noite. Aprendemos, tamén, a situar as principais constelacións do ceo de inverno. A segunda parte do obradoiro consistiu nunha observación no patio do instituto, facendo uso dun telescopio e duns prismáticos prestados polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Así, puidemos ver os cráteres da Lúa aproveitando o cuarto crecente que había ese día, enfocamos cara a Xúpiter e vimos as catro lúas galileanas, tal e como as descubriu Galileo no século XVII. Ademais, aprendimos a orientarnos situando a estrela polar e o resto de constelacións circunpolares.

 

 

 

Xincana Club de Ciencia

 O pasado 15 de xuño realizamos a nosa despedida do Club de Ciencia cunha Xincana científica na que colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.

Tamén empregamos as nosas impresoras 3D para crear medallas para os equipos gañadores. Grazas a todo o alumnado participante no Club pola súa implicación nas actividades. Vémonos o vindeiro curso!! Disfrutade do verán!! Guay

Álbum: Club de Ciencia 21-22 -> Xuño: Xincana Club Ciencia

Obradoiro de iniciación á Astronomía

O pasado martes, 22 de marzo, tivo lugar unha nova sesión do club de ciencia do noso instituto, desta volta un obradoiro de iniciación á Astronomía organizado polo departamento de Matemáticas. Os membros do club aprenderon sobre o proceso de formación de estrelas como o noso Sol, viron fotografías de nebulosas como a de Orión ou da Águia, cúmulos estelares como o das Pléiades e incluso a foto dos restos dunha supernova.

Despois de repasar os principais movementos do noso planeta, incluído o de precesión, que fai que o eixe de rotación da Terra vaia variando, e de familiarizarse con conceptos como o do ano-luz, o alumnado aprendeu a usar o Stellarium, un programa que permite simular un planetario no propio ordenador. Con el, puidemos ver o ceo desa noite e o movemento aparente das estrelas no transcurso das horas. Grazas a Stellarium viaxamos ao futuro para situarnos no 12 de agosto de 2026, o día que poderemos ver desde Betanzos un eclipse total de Sol. Ademais, vimos con detalle os planetas Xúpiter e Saturno, coas súas principais lúas.

Infelizmente, debido á situación meteorolóxica, non fixemos a observación a simple vista planificada no patio do instituto, emprazándonos a outro día no que as condicións atmosféricas sexan apropiadas.

Álbum: Club de Ciencia 21-22 -> Marzo: Iniciación á Astronomía

Obradoiro de iniciciación á Astronomía. Club de Ciencia

22/03/2022 16:00
22/03/2022 16:00
Etc/GMT+2

O vindeiro martes 22, entre as 18 e as 20 horas reúnese o Club de Ciencia, para realizar un obradoiro de iniciación á Astronomía.

astronomia2.png

Fotos do Obradoiro Proxecta+ Meteoescolas Folerpiñas

Da colaboración do departamento de Matemáticas e da profesora de Programación (agora mentora ADIX) saiu este pequeno e acelerado obradoiro no que ata as impresoras 3D foron a toda velocidade.

Qué fixemos, modelar e imprimir folerpiñas programando con Blockscad. Mesmo montamos unha folerpiña xigante doada ao centro por José Luis Lomba González, profesor no CIFP Coroso de Ribeira. Buscamos sitio para este reloxo-folerpa xigante, poderá quedar ben no corredor do departamento de matemáticas?

Álbum: Club de Ciencia 21-22 -> Febreiro: Folerpiñas Meteoescolas Proxecta+

Obradoiro Club de Ciencia Programa, Modela e Imprime 3D a túa folerpiña. Plan Proxecta+ Meteoescolas Día de Pi

O vindeiro luns 14 de marzo, día de Pi π = 3.14159265359..  o club de ciencia organiza un obradoiro de programación, modelado e impresión 3D para deseñar Folerpiñas dentro do Plan Proxecta+ Meteoescolas.

Desenvolverase dende ás 16:00 ata as 18:00 e asistirán preferentemente os membros do clube. Como, aínda quedan prazas  podedes anotarvos neste formulario para localizar os interesados máis fácilmente e falar con eles para formalizar a inscripción efectiva no obradoiro.

Aínda que hai ordenadores disponibeis na aula TIC 1, podería estar moi ben que trouxérades os portatiles Abalar-Edixgal. 

Neles xa está instalado un programa, o de laminado, que podedes empregar durante o desenvolvemento do obradoiro.

 

 

Actividades do Clube de ciencia - "Imprimindo folerpas de neve"

14/03/2022 14:00
14/03/2022 16:00
Etc/GMT+2

O luns 14 de marzo, de 16h a 18h, o Clube de Ciencia reúnese na aula de informática, onde en colaboración co proxecto Meteoescolas o alumnado imprimirá unhas folerpas de neve na impresora 3D.

Distribuir contido