Club de ciencia
Club de ciencia 2022. Programando coa microbit.
Enviado por Pitusa o Mar, 15/02/2022 - 13:32O pasado mes de xaneiro, no Club de Ciencia seguimos a explorar as posibilidades da programación. Iniciámonos xogando, na programación da placa micro:bit. Moi sinxela pero con moitas posibilidades: dende a comunicación entre elas, ata o control de luces LED e servomotores, e todo combinado cos sensores integrados na propia plaquiña (acelerómetros, termómetros, sensores de son, de luminosidade, ...). E todo isto cunha sinxela linguaxe de programación de bloques!!!
Quedámonos con moi boas sensacións, a pesar de que as datas "pandémicas" condicionaron a participación, e con máis ganas de explorar, con máis rapazas e rapaces do centro, as posibilidades desta ferramenta.
Vémonos!!
Club de Ciencias - "Creando ecosistemas"
Enviado por Anónimo o Xov, 02/12/2021 - 10:54
O luns 30 de novembro e mércores 1 de decembro no club de ciencia do Aguiar estivemos creando ecosistemas: un estanque no xardín e pequenos terrarios en botes de cristal.
Un estanque, por pequeno que sexa, é un mundo acuático rebosante de vida materializada nas formas máis diversas que se poida imaxinar. Estraños insectos, anfibios de complexos ciclos vitais, minúsculos microorganismos planctónicos son algúns dos seus habitantes. Desde o punto de vista didáctico, ofrece a ocasión de gozar observando o asombroso equilibrio ecolóxico que se desenvolve neles.
Imaxes do Club de ciencia Novembro. Un obradoiro con moita intelixencia... e tamén con IA
Enviado por Pitusa o Xov, 11/11/2021 - 22:21Van unhas poucas imaxes das tardes que pasamos xogando e programando con Intelixencia Artificial e Machine Learning: asistentes virtuais, meteofotoprediccións e camaleóns. Estes exercizos amosáronnos de xeito práctico cómo unha máquina pode chegar a entender a nosa linguaxe natural e mesmo cómo pode aprender o que són as cores a través de fotografías.
Con esta actividade, rexistrada na "Semana da Programación da Unión Europea" CodeweekEU, os participantes do club de ciencia recibiron un certificado que, as profesoras titoras Marta Bellas e Carmen Núñez, amosamos orgullosas.
O guión do que fixemos, con algo máis de info por se alguén máis quere bucear podédelo atopar aquí.
Grazas a todos os participantes!!! Vémonos doutra volta!!!
Agora que chega o verán, fornos solares no Club de Ciencia
Enviado por Pitusa o Mar, 22/06/2021 - 09:16Debuxo dunha folerpa de Koch
Enviado por Pitusa o Mar, 22/06/2021 - 09:11No derradeiro club de Ciencia debuxamos un fractal de xeito colectivo, en concreto unha folerpa de Koch (preme na ligazón para máis info na Wikipedia)
"As marabillas sen fondo xorden de regras simples, que se repiten sen fin."
Benoit Mandelbrot (matemático francés)
O mundo dos cristais. #Clube de Ciencia #FísicaeQuímica
Enviado por Anónimo o Lun, 31/05/2021 - 20:02Crónica en imaxes dunha tarde nos laboratorios de Física e Química, onde o alumnado do Clube de Ciencia puido descubrir o mundo dos cristais, creando sorprendentes xardíns químicos e xeodos.
Días despois, cada participante puido recoller o resultado do seu traballo.
Entrega de premios da Xincana Matemática. E novo reto!
Enviado por Anónimo o Mér, 19/05/2021 - 16:01Esta mañá foron entregados os premios ás alumnas e alumnos participantes da Xincana Matemática, unha actividade organizada polo Club de Ciencias.
Parabéns, rapazas! Ben feito, rapaces!
Atréveste co novo reto?
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »