Club de ciencia
Rapaces e rapazas gañadoras da Xincana Matemática. #Clubedeciencias
Enviado por Anónimo o Ven, 30/04/2021 - 08:45Logo da deliberación do xurado da xincana matemática do 21 de abril, queremos felicitar a parella gañadora e tamén aos e ás finalistas e agradecer, tamén, ás persoas colaboradoras de 4º ESO e a todas as persoas participantes.
Esperamos que disfrutasen coas probas e retos aos que se enfrontaron.
1º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:
Adrián Grandal
Arón Bascoy
2º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:
Henrique Barreiro
Manuel Santoro
3º PREMIO PARA A PAREJA FORMADA POR:
Celia Sánchez
Joanna Martínez
Deixámosvos novamente o vínculo á Galería fotográfica Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluido e… por fin a SOLUCIÓN ao reto proposto a todo o alumnado da ESO.
A vindeira semana haberá outro reto, para seguir activando neuronas…
Club de ciencia e Meteoescolas: crónica en imaxes e vídeo dunha tarde científico-tecnolóxico-matemática
Enviado por Pitusa o Dom, 25/04/2021 - 10:43"Meteoprogramación" actividades de recollida de datos con placas programables
Unha das actividades desenvoltas no Club de Ciencia de Abril tén relación coa recollida de datos con dúas placas de prototipado/robótica programables mediante linguaxes de bloques.
Con estes dispositivos realizaremos dous tipos de medicións con:
Navegade polas ligazóns para acceder á documentación e instruccións de ámbos os dous proxectos.
Xincana Matemática
Preme na imaxe para acceder á información desta nova actividade do Club de Ciencia!!!
'Luces de Nadal', obradoiro clásico xa, do departamento de Tecnoloxía para o Club de Ciencia. Galería fotográfica
Enviado por Pitusa o Mar, 22/12/2020 - 10:17Onte celebramos unha nova xuntanza do noso Club de Ciencia onde, como vén sendo xa tradición, xogamos coas luces LED para iluminar os nosos corazóns neste solisticio de inverno.
O resultado foi unha tarde máis que interesante onde fixemos tarxetas de nadal con papercircuits e programamos aneis e tiras LED con mBlock e mesmo Arduino.
CLUB DE CIENCIAS NOVEMBRO 2020
Enviado por FRC o Lun, 30/11/2020 - 10:24CLUB DE CIENCIAS
XOVES 26 DE NOVEMBRO
Descubrindo un mundo invisible
Laboratorio de Bioloxía Xeoloxía
16:30
Aforo limitado condicionado polo protocolo
Termoclina #Meteoescolas #toleouotempo #clubdeciencia
Reproducimos o fenómeno da termoclina nun acuario. Cando unha masa de auga ou de aire entra en contacto con outra que ten unha temperatura moi diferente, a zona que as separa chámase termoclina. Experiencia para o plan proxecta #Meteoescolas Toleou o Tempo? e mais para o Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar de Betanzos
Non paramos nin confinados, porque a cabeza non para, e hai profesoras, coma a sempre xenial Olga Blanco que non pode deixar de pensar actividades divertidas para, cando volvades, sorprendervos coa aprendizaxe das ciencias.
Imaxes na galería fotográfica do #clubdeciencias de febreiro 'Equilibrio Estrutural'
Enviado por Pitusa o Mar, 18/02/2020 - 11:26Como podedes observar, aparte de repasar as estruturas e a súa estabilidade, entre outras cousas construimos:
- Icosaedros XXL
entre outras cousas....
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »