Biblioteca
Lecturas de "Nai que nos pariu"
Enviado por Lois o Ven, 02/12/2022 - 13:01Con motivo do 25N na biblioteca organizamos unha lectura de fragmentos do libro: NAI QUE NOS PARIU. Mulleres á altura do interior. O seu autor, Fernando García Penas, leunos durante o tempo de lecer algúns anacos das historias que se contan na súa obra. Son historias que, como el mesmo expresa, nos falan "das mulleres do interior e do interior das mulleres".
Con motivo do encontro xurdiu a idea de facer un grupo de adultos dentro do noso club de lectura arredor do libro. Trátase dun grupo no que ademais das docentes e outros membros da comunidade educativa, poidades anotarvos as familias.
Recibiredes nestes días máis información ó respecto.
Agardámosvos!
Lectura no Nadal
Enviado por Anónimo o Dom, 26/12/2021 - 23:10Dende a Biblioteca vimos de renovar a sección de Recomendados, onde vos deixamos algúns exemplares ben bonitiños. De entre eles debemos destacar algunhas das obras de Darío Xohán Cabana, que se converteu na estrela da nosa árbore de Nadal por ter falecido recentemente e como pequena homenaxe dende o noso recuncho lector. Tampouco podía faltar Almudena Grandes, cuxa historia de amor con Luis García Montero ben merecen o artigo "El amor existe" que tamén vos recomendamos.
Certame de fotografía As cores do outono 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 16/12/2021 - 19:58O certame As cores do outono 2021 ten por obxectivo plasmar o outono do noso contorno en tódalas súas vertentes, sen límite á creatividade artística.
Nesta edición os premiados e premiadas no noso certame fotográfico son:
Día Internacional da Diversidade Funcional na biblioteca
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/12/2021 - 12:18O día 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade e na nosa Biblioteca fixemos un pequeno taller no tempo de lecer no que nos acercamos a diferentes sistemas de comunicación: lingua de signos, lingua de signos apoiada e braille. Este último é un alfabeto táctil; porén a lingua de signos é o idioma propios das persoas xordas e xordocegas.
Samáin na biblioteca
Enviado por Anónimo o Lun, 01/11/2021 - 19:21A nosa Biblioteca quedou o venres engalanada con motivo do Samaín e aproveitamos para ofrecer ó alumnado unha selección de lecturas terroríficas só aptas para alumnado intrépido que escolle " O camiño dos libros", nome do noso club de lectura. Aproveitamos para anunciarvos que o poñeremos a andar este mes de novembro, o día 23 na hora de lecer.
Novos libros no catálogo da biblioteca
Enviado por Anónimo o Mar, 09/03/2021 - 20:31Tendo en conta as suxestións dos distintos departamentos ampliouse o catálogo de novidades da biblioteca. Deste xeito tedes máis libros de ficción, de literatura pero tamén de divulgación científica, así que non dubidedes pasarvos pola biblioteca e sumerxirse en novos mundos que de seguro vos cautivaran.
- Novidades Acoso Escolar
Subonormal. Fernando LLor e Miguel Porto
- Novidades Cosmoloxía
Brevísima historia del tiempo. Stephen Hawking y Leonard Mlodinow
El gran diseño. Stephen Hawking y Leonard Mlodinow
- Novidades Cultura Clásica
Percy Jackson. La batalla del laberinto. Rick Riordan
Percy Jackson. El ultimo héroe del Olimpo. Rick Riordan
Percy Jackson. El ladrón del rayo. Rick Riordan
Percy Jackson. La maldición del Titán. Rick Riordan
Percy Jackson. El mar de los monstruos. Rick Riordan
Cuentos de la mitología griega. Eds de la Torre
- Novidades Economía
Cosas que hay que saber sobre Economía. Edmund Conway
- Novidades Feminismo
Trampa de lume. La mar de fácil. Núria Martí Constans
Remexido de patacas Eli Ríos
- Novidades Física e Química
Feynman. Ottaviani y Myrick. (Libro en formato cómic centrado en la biografía de Richard Feynman)
La energía nuclear salvará el mundo. Alfredo García
Nikola Tesla. Massimo Teodorani
La puerta de los tres cerrojos. Sonia Fernández Vidal
Breve historia de la química. Isaac Asimov.
Momentos estelares de la ciencia. Isaac Asimov.
Cien preguntas básicas sobre la ciencia. Isaac Asimov
Seis piezas fáciles. R. P Feynman
- Novidades Literatura Xuvenil
El curioso incidente del perro a medianoche. MArk Haddon
Nahid, mi hermana afgana. Anna Tortajada
El círculo escarlata. César Mallorquí.
Verdad. Care Santos
Miedo. Care Santos
- Novidades Paleontoloxía
La vida contada por un sapiens a un neandertal. Millás e Arzuaga
Concurso de microrrelatos anticovid
Enviado por Anónimo o Sáb, 30/01/2021 - 23:21Os equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e da Biblioteca do IES do Camiño convocan o CONCURSO DE MICRORRELATOS ANTICOVID.