Día Internacional da Diversidade Funcional na biblioteca

O día 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade e na nosa Biblioteca fixemos un pequeno taller no tempo de lecer no que nos acercamos a diferentes sistemas de comunicación: lingua de signos, lingua de signos apoiada e braille. Este último é un alfabeto táctil; porén a lingua de signos é o idioma propios das persoas xordas e xordocegas. 

Rapazas e profes puideron escribir o seu nome no alfabeto braille a través dunha tabliña e tamén se acercaron a unha novela transcrita neste sistema. Ademais aprenderon o seu nome no alfabeto dactilolóxico e signamos o retrouso da canción: "Una puerta violeta" de Rozalén.

Grazas por vir.

 

Pódedes ver algunha das imaxes desta actividade no seguinte enlace: