O pasado venres, 13 de xaneiro, catro alumnas de 2º de Bacharelato do noso Centro participaron na XII Olimpiada de Bioloxía. Foi unha interesante experiencia vivida por Mireya Castiñeiras, Antía Figueira, María Navarro e Marta Varela na Facultade de Bioloxía da USC. Ademais de participar na proba desta XII edición da Olimpiada de Bioloxía, este alumnado puido coñecer os lugares máis representativos deste centro universitario así como aprender das explicacións que sobre diferentes aspectos científicos recibiron de docentes universitarios. Foron acompañados pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, Loli Rego. |
|
|
|
O día 1 de decembro conmemórase o Día Mundial do SIDA e no IES de Valga levamos a cabo unha serie de actividades para concienciar ao alumnado e á poboación en xeral, do que esta enfermidade supón. O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato pasou polas clases dando pequenas charlas e repartindo pegatinas para conmemorar o día. Ademais nas clases tratouse o tema con máis profundidade. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
TODOS XUNTOS PARA PREVIR O SIDA!
|
|
|
|
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou a "Semana dos Cogumelos", unha exposición na que alumnado do Centro colaborou coa achega de diversos exemplares deste produto do outono galego.
|
|
|
|
O pasado venres 26 de febreiro, Ángel Carracedo impartiu unha charla, co título “A revolución xenómica”, ao alumnado de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato. A súa intervención versou sobre a importancia da xenómica no ámbito da medicina legal e no estudo ou identificación das chamadas “enfermidades raras”. Ángel Carracedo sinalou: “o estudo xenómico vai a provocar que no futuro desapareza o término “enfermidades raras”, xa que vai mellorar o seu diagnóstico e por tanto a elaboración de medicamentos específicos para elas, os chamados “medicamentos á carta”. O alumnado fíxolle moitas preguntas arredor do tema da charla. Ademais, falou da súa experiencia no mundo da medicina forense e do seu traballo como director do Instituto de Medicina Legal da USC.
|
|
O pasado mércores, 17 de febreiro, alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do noso Centro participou na VII Olimpiada de Xeoloxía. Foi unha interesante experiencia vivida por tres alumnas de 1º Bacharelato e catro alumnos e alumnas de 2º Bacharelato na Facultade de Bioloxía da USC. Ademais de participar na proba desta VII edición da Olimpiada de Xeoloxía, este alumnado puido coñecer os lugares máis representativos deste centro universitario así como aprender das explicacións que sobre diferentes aspectos científicos recibiron de docentes universitarios. Foron acompañados pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, Irene García.
|
|