Skip to Content

Centro educativo

Alexandra Bandín e Samuel Rial gañadores do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

Gañadores do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

 O xurado do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021 que forma parte de Regueifas de Ciencia 2021, unha iniciativa da USC financiada pola FECYT, anunciou que o equipo do IES Valga formado por Alexandra Bandín de 1º Bacharelato e Samuel  Rial de 4º ESO resultou finalista e gañador deste certame. Mencionar tamén que este equipo, que defendeu a postura en contra nun debate sobre a legalización da maternidade surrogada en España, tivo como moderadora a Alicia Iglesias (1º Bacharelato) e como colaboradores ao alumnado Noelia Miguéns (1º Bacharelato) e Rodrigo Vidal (4º ESO), sendo coordinados polas profesoras Dulce Serramo e Loli Rego.

 O xurado valorou moi positivamente a relevancia e actualidade dos temas escollidos, a boa preparación das intervencións dos/as poñentes e a súa capacidade de argumentación. Ademais, o respecto ao formato proposto por Regueifas foi excelente, destacando tamén o papel dos/as moderadores/as dos debates.

Parabens!!! a todo o equipo por este recoñecemento.

Equipo IES Valga II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

Estudantes de Catoira verán reforzado o servizo de autobús para o seu traslado a noso centro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará, a partir da vindeira semana, os servizos de autobús no concello de Catoira, para facilitar o desprazamento diario dos estudantes deste municipio que cursan os seus estudos no IES de Valga. Será a partir do luns 3 de maio cando o alumnado deste municipio veciño poida dispor do servizo de transporte público da Xunta ao IES de Valga, atendendo desta forma á solicitude da ANPA do CPI Progreso de Catoira.  O horario de funcionamento deste servizo de autobuses será o seguinte:

  • os servizos de mañá sairán ás 7:45 horas desde Catoira-Área Estacionamento, con chegada ao IES ás 08:27
  • o itinerario de mediodía partirá do instituto ás 14:30 horas con chegada a Catoira ás 14:50 e será atendido co roteiro do IES de Valga-Choren
  • para a xornada lectiva das tardes do luns establécese a saída de Catoira ás 16:00 horas e a chegada ao IES ás 16:20, prevéndose o regreso ás 18:15 horas

Máis información picando no seguinte enlace da páxina da Xunta de Galicia

Oferta de emprego en Extrugasa

Oferta de emprego en Extrugasa

Admisión de Alumnado (ESO e Bacharelato) e probas de acceso a Ciclos de Grao Medio

Lembramos que están abertos os prazos para:

- admisión de alumnado da ESO e Bacharelato para o curso 2021-2022, finalizando este o 22 de marzo. Para máis información picar NESTE ENLACE

- inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Medio, ata o 26 de marzo. Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas ou picando aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut