Skip to Content

Alumnado de 4º ESO e 2º Ciclo Superior visita a empresa CONGALSA S.L. na Pobra do Caramiñal

Alumando de 4º ESO e Ciclo Medio en Congalsa S.L.   Alumando de 4º ESO e Ciclo Medio en Congalsa S.L. O pasado xoves , 16 de febreiro, alumnado de 4º ESO e 2º Ciclo Superior visitaron á empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial  da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:

1. Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa

2. Charla - coloquio

3. Percorrido polas tres parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos  coñecer o Laboratorio de Microbioloxía, o Laboratorio de I+D e a Zona de Produción e Envasado.

4. A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.

5. Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade  de produtos.

Cabe salientar o interés amosado polos alumnos con numerosas  preguntas formuladas ao guía que nos acompañou durante a visita. Podemos concluir dicindo que a visita foi moi frutífera e gratificante para alumnos e profesora. A actividade foi organizada polo departamento de Economía.

 
   


page | by Dr. Radut