Skip to Content

Visita ao Grupo INDITEX de alumnado do IES Valga

Alumnado de Ciclo Superior e 1º Bacharelato de Economía en INDITEX    Alumnado de Ciclo Superior e 1º Bacharelato de Economía en INDITEX 

O pasado luns 15 de febreiro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Economía e do Ciclo Superior do noso Centro, acompañados das profesoras Raquel Carballo e Mª France Mayán visitou a sede do Grupo Inditex, situada en Arteixo (Pol. Sabón). Nela atopasen a sede corporativa e as sedes de Zara e Zara Home, varias fábricas textís propiedade do Grupo e unha das plataformas loxísticas.

A visita transcorreu polos Departamentos de Compras, Deseño (Gráfico, De Tendencias, Patronaxe) e Fabricación de Zara Neno/a.

Explicaronnos ca frecuencia de proveedores é diaria e as principais características da empresa son: Axilidade, Grandes espazos, Control de Medición e Control de Calidade.

A continuación pasamos a sección de Zara Woman e Cosmética, onde podemos coñecer o traballo de Zara online e os sets de maquillaxe, vestiario, fotografía e tamén a rodaxe dos modelos para a venda dos produtos online.

Tamén visitamos as Tendas Piloto, Escaparatismo e a Sección de Zara Man (Patronaxe e Proveedores).

A derradeira parada foi no Almacén. Accedemos polos túneles que percorren os 36 Kms. que unen as 10 fábricas. Os alumnos poideron comprobar o traballo das máquinas de Corte, Marcada, Planchado e Embalado das prendas e a posterior distribución por vía terrestre a toda Europa e por vía aérea ao resto do mundo.

A visita, organizada polo Departamento de Economía, foi moi frutífera e gratificante para alumnos e profesoras. 



page | by Dr. Radut