Skip to Content

Alumnado de 4º ESO vai ao cine a ver "A ESMORGA"

Alumnado de 4º ESO para ver "A ESMORGA"     O pasado venres 5 de decembro os alumnos de 4 de ESO xunto coa nosa profesora de galego Olga López fomos ver A Esmorga ao cine, logo de ler o libro e de ter unha videoconferencia cos actores e director da mesma.
 A película, adaptación da novela homónima de Eduardo Blanco Amor é un drama realmente duro e realista que deixa entrever que máis alá dunha noite de bebedeira por Ourense dos tres protagonistas, hai temas  máis profundos como a homosexualidade reprimida do Milhomes , a obsesión do Bocas por alcanzar un ideal imposible de muller,  que acaba materializando con violencia desmedida , violando a unha rapaza  perturbada mentalmente,matando a alguén nunha taberna,...
 
O Pensamento do Cibrán asaltao constantemente, en forma de remorsos, por non poder facer otra cousa máis que deixarse levar polos compañeiros .Queiman un pazo que se salda coa morte dun home.Hai un trasfondo de desacougo existencial, de angustia  vital, con toques de suicidio.  Pálpase o desexo dun amor imposible, ansia de maternidade fustrada,  prostíbulos, navalladas, violencia nunha Galicia na que non para de chover, e coa música  maravillosa de Zeltia   Montes que imprime máis dramatismo á historia . Por último a interpretación dos protagonistas foi fabulosa sendo fiel á variante dialectal de Ourense e  quedamos sorprendidos de que o actor vasco Karra Elejalde de 8 Apellidos vascos falase tan ben en galego. Moi recomendable!  


page | by Dr. Radut