A biblioteca do IES Valga converteuse nunha pequena Escocia o pasado día 25 de xaneiro, Día Nacional dese país. O lector de inglés, Ryan McAllister, que é escocés, convidou ao alumnado de 3º e 4º ESO a probar o producto gastronómico por excelencia da súa terra, o "haggis". No acto, organizado pola coordinadora de Seccións Bilingües, Marie-France Mayán, os participantes escoitaron a "Oda ao Haggis" escrita polo poeta máis importante de Escocia, Robert Burns, e cantaron o "Auld Lang Syne", tamén da súa autoría. Para ampliar foto prema a imaxe, Para ver versión inglesa prema English Para ver máis información e enlaces de prensa prema Ler máis |
Un dato curioso: resulta que precisamente o Día de Escocia é o aniversario de McAllister, así que os rapaces sorprendéronlle entoando o "Happy Birthday to you" e dándolle un pastel e incluso regalos ao emocionado lector. Todo dentro da política de Seccións Bilingües de achegar a lingua e a cultura británicas ao alumnado de xeito didáctico e divertido.
ENLACES EN PRENSA
El instituto de Valga estreucha lazos con Escocia a través de su lector de inglés
Ryan McAllister convierte el IES de Valga en una pequeña Escocia