O mercadillo de libros organizado antes de Nadal polo alumnado de Seccións Bilingües de 3º e 4º ESO do IES Valga foi un éxito. Cos cartos recadados os estudiantes aumentaron os seus fondos para a viaxe que realizarán en xuño á capital británica, onde convivirán con familias inglesas durante unha semana. Ante o gran número de libros doados para o mercadillo e vendidos posteriormente, os rapaces e maila súa coordinadora, a profesora Marie-France Mayán, estudian repetir a experiencia para o Día do Libro. Para ver máis fotos, pódese premer directamente "Galería" ou ir á pestana do mesmo nome desta web.
Para ampliar foto prema a imaxe.
Para ver enlaces relacionados e a cobertura na prensa Prema Leer máis.
Para ver versión inglesa prema English
|
Enlaces relacionados:
Concello de Valga
http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19820
Prensa escrita