Skip to Content

Formación e orientación laboral

Este módulo contén a formación necesaria para facilitar a inserción laboral e o desenvolvemento da carreira profesional no sector de fabricación mecánica.

Os contidos do  módulo están distribuidos en dúas unidades formativas:

 Unidade formativa 1: prevención de riscos laborais de 45 horas(54 sesións de 50 minutos) de duración  

 Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade    social, e procura de emprego de 62 horas (74 sesións de 50 minutos)de duración.

Analizaremos os seguintes bloques temáticos:

  • O dereito do traballo e seguridade social.
  • Orientación profesional, procura de emprego, xestión de conflitos e  traballo en equipo.
  • A prevención de riscos: Seguridade e saúde no traballo.

Estes contidos permitiranos acadar os seguintes resultados de aprendizaxe:

  • Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.
  • Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector da fabricación mecánica.
  • Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.
  • Determina as medidas de prevención e protección no seu contorno laboral.
  • Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.
  • Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.
  • Determina a acción protectora do sistema de seguridade social ante as continxencias cubertas, e identifica as clases de prestacións.
  • Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

O módulo de F.O.L. impartirase no primeiro curso do ciclo. Ten unha duración de 107 horas (128 sesións de cincuenta minutos) repartidas en catro sesións semanais de 50 minutos cada unha.

 

 



page | by Dr. Radut