O alumnado de 1º do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais colabora no proxecto “Protexe o teu medio”, no que está a analizar a influencia dos parámetros que definen a calidade do aire, solo e auga sobre a saúde humana e na nosa contorna. A actividade está organizada dende o departamento de Física e Química.