O martes 27 de febreiro, alumnado de 1º e 2º Bacharelato realizou unha visita ás facultades do Campus universitarios da Universidade de Vigo en Pontevedra e Vigo para recibir información directa dos estudos que organizan. Esta actividade enmárcase no programa "Ven a UVigo". Durante tres horas visitaron as facultades relacionadas cos ámbitos: humanístico, educación, ciencias sociais, ciencias da saúde, xurídico-empresarial, tecnolóxico e científico. Foron acompañados polo profesorado Begoña Lesende, Fran Godón, Ismael Cabaleiro, Lucía Gómez, Ana Castro, Ana Bueno e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.