O alumnado de Historia da Arte de 2º Bacharelato realizou un percorrido por diferentes espazos artístico-culturais de A Coruña na mañá do xoves 11 de xaneiro. O seu itinerario iniciouse cunha visita guiada pola Torre de Hércules, máis tarde continou con outra visita, tamén guiada, ao Museo de Bellas Artes de A Coruña, onde puideron coñecer a representación artística da muller durante a Historia da Arte e o papel da muller como creadora, así como achegarse á figura de Fracisco de Goya a través das series de gravados que conserva este museo. Finalizou esta saída didáctica cun percorrido pola exposición do fotógrafo alemán-australiano Helmut Newton, na nave portuaria do Muelle de Batería, ollando as súas imaxes máis coñecidas, podendo ver entre outras a Margaret Thatcher, Versace, Naomi Campbell ou David Bowie. Foron acompañados polos profesores Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.