Skip to Content

Alumnado de Relixión de 1º ESO visita os Beléns de San Fiz de Solovio e San Agustín en Santiago

Alumnado de Relixión de 1º ESO no Belén de San Fiz de Solovio, Santiago

O alumnado de Relixión de 1º ESO realizou, na maña do luns 18 de decembro, unha saída didáctica á cidade de Santiago de Compostela, para visitar dous dos seus beléns máis representativos: o da Igrexa de San Fiz de Solovio e o da Catedral, que se atopa na Igrexa de San Agustín, ambos representados por máis de cincocentas figuras. Completaron a súa visita cun percorrido pola Catedral e a Praza do Obradoiro. Foron acompañados polo profesorado Teresa Barreiro, Lucía Gómez e Beni Neo. A actividad efoi organizada polo departamento de Relixión.

Alumnado de Relixión de 1º ESO na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela



page | by Dr. Radut