O alumnado de 2º ESO participou no Obradoiro: "Violencia de xénero e o novo contexto dixital", o luns 11 de decembro en Audiovisuais. Esta actividade ten como obxecto promover no alumnado bos hábitos no uso das novas tecnoloxías e a prevención da violencia de xénero, sexa cal sexa o seu escenario. Ademais tiveron a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes manifestacións de violencia nese contexto: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión ou ciberbullying, así como os riscos que implica o sexting.
Este obradoiro foi impartido por June Pereiro de Pantallas Amigas e está inserto no marco do Plan "Por 365 días de respecto e igualdade" organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade.
A actividade foi organizada polo departamento de Orientación e o Equipo de igualdade.