Skip to Content

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Plurilingüe de Valga

Escaleira de violencia. Acto do 25N

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Plurilingüe Valga celebrou, o venres 24 de novembro, un acto para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social. O patio cuberto foi o escenario da actividade programada, centrada na representación da escaleira de violencia a cargo de alumnado de 2º e 4º de ESO, 1º e 2º do Ciclo Básico de Agroxardinaría, 1º de Bacharelato, así como alumnas do Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe. Ademais, en representación do alumnado e profesorado, a alumna Carla Herrero e o profesor Fran Godón recitaron varios poemas relacionados con esta celebración. O acto foi conducido pola profesora Maruxa Barca e, contou co acompañamento musical do alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato, dirixidos polo profesor Ismael Cabaleiro, que versionaron as cancións "Que nadie" de Manuel Carrasco e "A porta violeta" de Rozalén. A actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade xunto a Vicedirección.
Alumnado no acto 25N 2023

Mural realizado polo alumnado de 1º e 2º DUAL Soldadura e Caldeiraría



page | by Dr. Radut