Os últimos días do pasado mes de outubro serviron para ambientar o noso centro cara á celebración do Samaín. Xunto a decoración de aulas e outros espazos, o martes 31 de outubro e co gallo desta celebración, a Biblioteca foi o escenario da entrega dos premios dos concursos convocados polo equipo da Biblioteca e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
O acto amenizouno o alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato, dirixidos polo seu profesor Ismael Cabaleiro, interpretando diferentes pezas musicais.
A relación de premiados cun vale a canxear na cafetaría do centro foi a seguinte:
1º premio ao mellor Epitafio en prosa: Iker Catoira Castiñeiras do 2º GB de Fabricación e Montaxe
1º premio ao mellor Epitafio en verso: Clara Troncoso López de 1º Bacharelato
1º premio do concurso de cabazas: Sabela Campos Riveiro, Ximena Socastro Saborido de 3º ESO
Os premiados ao concurso do EDLG "As palabras do medo" foron: Paula Pérez Verde de 1º ESO, Emilio Villar Carballeda e Rami Imad Hammoudeh de 2ºESO.
Noraboa ao alumnado participante e premiado!!!