O mércores 31 de maio, o alumnado de 2º Bacharelato: Naim Aynaoui Tobío e Letizia Lafuente Fernández presentaron o seu proxecto final do STEMbach 2021-2023: “Creación de servidor web para acceder a datos de localización, temperatura e altitude a tempo real”. Foi na aula de Ciencias e entre os asistentes estaban o director do noso centro, Eliseu Mera, o profesor do CITIUS da USC, José Ramón Ríos Viqueira e o profesorado de Stembach Loli Rego e Jaime Oviedo. Este é o primeiro dos traballos finais que presenta o alumnado que cursou o Bacharelato Stem (STEMbach) na promoción 2021-2023 e que terá continuidade en vindeiras semanas.