Normativa FP |
|
Currículos |
|
As programacions están na aula virtual de cada un dos módulos. |
|
PROMOCIÓN A 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS MODALIDADE ORDINARIO. CURSO 2024-25.O alumnado poderá formalizar a matrícula no segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as 300 horas.
En todo caso, cando un alumno ou unha alumna non logren a promoción deberán repetir os módulos profesionais non superados, para o cal deberán formalizar a matrícula no mesmo curso e se incorporarán ao grupo de alumnado correspondente. |
|
PROMOCIÓN A 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS MODALIDADE DUAL. CURSO 2024-25.Para acadar a promoción de curso e poder continuar no proxecto de formación profesional dual, o alumnado deberá superar a totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo. No caso de non superar algún módulo, o alumnado poderá realizar a solicitude de continuidade no ciclo formativo, que entregará no centro educativo. Logo de solicitada a continuidade por parte do/da alumno/a, o centro educativo e a empresa deberán emitir, tendo en conta as circunstancias do/da alumno/a, a súa evolución e a viabilidade de que recupere os módulos pendentes no que quede de proxecto, cadanseu informe favorable ou non favorable á continuidade do/da alumno/a no ciclo. O centro educativo remitirá os tres documentos á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a súa resolución. |
|
Probas de acceso a ciclos e probas libres |