O luns, 24 de abril, o alumnado de 3º ESO da materia de Relixión visitou Celanova e Vilanova dos Infantes. Nesta saída didáctica, o alumnado desprazouse ata o concello de Celanova para realizar un percorrido por diferentes espazos desta localidade: o Mosteiro de San Rosendo (na súa igrexa puideron escoitar, no coro alto, un concerto didáctico de Órgano), a Casa dos Poetas, a Capela de San Miguel ou a aldea medieval de Vilanova dos Infantes, onde visitaron a súa Igrexa parroquial de San Salvador, a Torre Homenaxe ou o Santuario da Virxe do Cristal. Foron acompañados polas profesoras Terresa Barreiro, Lucía Gómez e Nieves Gómez. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.