O luns 17 de abril, o alumnado de Relixión de 2º ESO realizou unha saída didáctica guiada á cidade de Pontevedra. Esta saída serviulles para coñecer o patrimonio artístico e cultural desta cidade a través das explicacións dun guía do concello. Puideron visitar varias igrexas así como outros espazos da capital pontevedresa e as pegadas que deixaron nela persoeiros ilustres como Castelao. Estiveron acompañados das profesoras Lucía Gómez e Teresa Barreiro. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión.