Skip to Content

Conferencia da astrónoma Josefina F. Ling dentro do programa "NIN + NIN -, IGUAIS" para alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato

Conferencia de Josefina F. Ling ao alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato

No Auditorio Municipal de Cordeiro, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO xunto co de 1º e 2º Bacharelato, asistiu na mañá do mércores 21 de decembro a unha conferencia de Josefina F. Ling. Esta científica é astrónoma, profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A relatora centrou a súa charla arredor da Astronomía e mulleres. O acto, organizado polo Equipo de Igualdade, contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella xunto coa concelleira municipal de Educación, Carmen Gómez e a vicedirectora do noso centro, Ana Bueno.
Esta actividade, que complementa a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells, xira arredor do proxecto NIN + NIN -, IGUAIS da Secretaría Xeral de Igualdade que ten como principal obxectivo favorecer o encontro con mulleres senlleiras líderes nos seus respectivos sectores, como a ciencia ou o rural, para que o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria tivese referentes femininos en sectores laborais onde a día de hoxe non existe paridade de xénero e promover a igualdade de xénero no ámbito educativo, concienciando ao alumnado que cada un pode ser o que queira ser, sen importar ser muller ou ser home.

Máis información picando nos seguintes enlaces: concello de Valga, Consellería de Emprego e Iguladade. Máis fotografías do acto picando aquí.

Conferencia de Josefina F. Ling ao alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato



page | by Dr. Radut