O alumnado de 3º ESO e de 1º do CB de Agroxardinaría participou no obradoiro "Seguridade violeta" que tivo lugar na mañá do martes 22 de novembro na Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A actividade enmárcase dentro da reivindicación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro. Neste obradoiro os participantes reflexionaron sobre a maneira na que nos relacionamos con outras persoas, tomando conciencia sobre comportamentos, actitudes e expresións que en moitos casos agochan violencias ou posturas machistas non sempre fáciles de detectar, contribuíndo ademais, a través do debate e a participación activa, á construción de vínculos sans entre as e os adolescentes, desbotando condutas nocivas e prexuízos. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade do noso centro e o alumnado foi acompañado polas profesoras Vanessa Fernández, Paula Otero, Mar Tejero e Sara González.