Skip to Content

O Pleno do Concello aproba a cesión dunha parcela de 3.000 metros para o ciclo de Agroxardinería

terreos para o ies

A Corporación municipal do concello de Valga aprobou por unanimidade a cesión á Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades dunha parcela de 3.000 metros cadrados de superficie para a implantación, no noso centro, do novo ciclo de Formación Profesional Básica de Agroxardinería e Composicións florais, que comezará a impartirse no vindeiro curso 2022-2023. Este espazo permitirá habilitar as infraestruturas axeitadas para a realización dos módulos teóricos e prácticos do ciclo: unha aula polivalente, un almacén e unha superficie de xardín, invernadoiro e viveiro de 1.300 metros cadrados.
O ciclo, da rama profesional vencellada ao sector agrario, poderá contar cun máximo de 30 alumnas e alumnos, e centrarase na elaboración de composicións con flores e plantas, operacións auxiliares en cultivos, produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinería.

O director do IES de Valga, Eliseu Mera, agradece ao equipo de goberno e ao conxunto da corporación municipal "a súa xenerosidade e sensibilidade no fomento do aumento da oferta educativa en favor das posibilidades de inserción laboral, especialmente do alumnado máis vulnerábel".

Máis información picando neste enlace.



page | by Dr. Radut