A empresa Navantia Ferrol fixo unha doazón de consumibles ao departamento de Fabricación Mecánica, que xa teñen a súa disposición o profesorado e alumnado de Ciclos. O departamento quere agradecer a Navantia Ferrol e tamén á empresa Talleres Mecánicos Galicia a súa colaboración ao transportar o material ata as nosas instalacións de maneira desinteresada.