O alumnado de Historia do mundo contemporáneo de 1º Bacharelato visitou este mércores 13 de outubro o pazo do Faramello (Rois). Durante a visita guiada o alumnado achegouse á historia desta edificación do s. XVIII na que se albergou a primeira Real fábrica de papel de Galicia, empregouse como arsenal na guerra de independencia contra os franceses e mesmo foi residencia estival do rei Afonso XIII. Ao remate o alumnado plantou un Cercis siliquastrum, tamén chamado árbore do amor, no xardín dos Recordos. Foron acompañados polos profesores Modesto Fontán e Víctor González. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.