O alumnado de 3º ESO, 4º ESO A e 1º Bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo participou na visita virtual á exposición Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro, coa que pon en relevo o valor da costura dentro da arte, que se atopa no Museo de Belas Artes de A Coruña. A través desta interesante videoconferencia puideron apreciar os usos e costumes que transitaron desde mediados do século XIX ata mediados do século XX, a través dun percorrido que se estende por toda as salas do museo, apreciando as obras da colección permanente, atendendo a súa iconografía, época e uso.
O alumnado de 4º ESO A e 1º Bacharelato asistiu a esta visita o pasado xoves 20 de maio e o alumnado de 3º ESO, o venres 21 de maio. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.