Na tarde do luns 12 de abril, o alumnado de 1º ESO do Club de lectura do alumnado da Biblioteca tivo unha nova xuntanza; nesta ocasión foi para conversar sobre o libro "A caixiña dos rancores". de Héctor Cajaraville. En palabras do coordinador dos Clubs de lectura, o profesor Víctor González: "Aí os tedes, Nerea, Paula. Ánxela, Ana e Roi, alumnado todo el do IES de Valga, de primeiro da ESO, nada menos. Boa canteira temos. Están arredor da árbore, con "A caixiña dos rancores", o libro que nos convocou, nunha das súas ponlas. Que máis se pode pedir?, sol, natureza, cultura, amizade, xuventude...non falta de nada; e tamén houbo xantar. Seguro que máis de un que lea estas liñas estase xa arrepentindo de non terse apuntado cando podía facelo... Non me extraña. Que se poña na lista de espera para o ano que ven. Saúde"