O pasado 14 de marzo foi o escollido pola UNESCO como Día Internacional das Matemáticas.
No IES de Valga sinaugurouse unha exposición fotográfica das obras realizadas polo alumnado de varios cursos da ESO. Isto estivo motivado pola participación do alumnado no concurso “Matemáticas nun clic”, convocado pola rede de divulgación matemática, DiMa, que organiza durante todo o mes de marzo un conxunto de actividades de divulgación.
Cabe destacar a enorme participación do alumnado de 3º e 4º de la ESO, grazas á dinamización da profesora Maruxa Barca López. Non se pode olvidar a un grupo de alumnos de 1º de ESO guiados polos profesores Jose Mª Barca López e Julia Sainz Vaquero. Todo o departamento, que inclúe tamén á profesora Cruz López Quintela e Yolanda Arrollo colaborou na exposición.
O departamento de matemáticas seleccionou catro obras polo seu carácter máis destacado. Estas son:
Tamgram Peludo de Ana Castroagudín Troáns de 1ºESO C
Ángulos Laranxas de Mateo García Piñeiro de 3º ESO A
Espirais Logarítmicas de Samuel Rial Maneiro de 4º ESO A
A fotografía máis laureada foi unha das 15 escollidas no concurso Matemáticas nun clic de
“Polígonos Iluminados” de Miriam Fontáns Castromán de 4º da ESO A
Aos seus autores se lles premiou cun obxecto xeométrico, decorado coas fantásticas fotografías presentadas.
Non deixedes de seguir as actividades do enlace: http://marzomates.webs.ull.es/