O Equipo de Dinamización Lingüística do noso Centro celebrou o Día de Rosalía de Castro. Durante a mañá do mércores 24 de febreiro conmemoramos unha das datas sinaladas para a Lingua e Literatura Galegas. Foi a través da lectura de poemas e a audición de cancións baseadas en textos da escritora galega. Participou alumnado dos diferentes cursos da ESO e Bacharelato.