O mércores 12 de febreiro o alumnado de Xeoloxía de 2º Bacharelato participou na fase autonómica da XI Olimpíada de Xeoloxía. Foi organizada pola AEPECT (Asociación Española para la enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Este evento tivo lugar en Santiago de Compostela, no Museo de Historia Natural da USC, e na Facultade de Bioloxía. O alumnado, ademais de realizar as diferentes probas, asistiu a unha conferencia sobre as turbeiras galegas.