Skip to Content

Alumnado de Psicoloxía de 2º Bacharelato visita o centro AGADEA en A Estrada

Alumnado dePsicoloxía de 2º Bacharelato en AGADEA A Estrada

O alumnado de Psicoloxía de 2º Bacharelato visitou, na mañá do xoves 23 de xaneiro, as instalacións de AGADEA - Asociación Galega Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, na localidade de A Estrada. Alí coñeceron a labor que leva a cabo esta asociación, observando como desenvolven terapias de estimulación cagnitivas e psicomotriz para persoas con deterioro cognitivo lixeiro e persoas con Alzheimer e outras demencias en grado leve e moderado. Ademais serviulle como actividade complementaria ás charlas que sobre o alzheimer levan asistindo durante este curso académico na materia de Psicoloxía. Lembrar que AGADEA é unha asociación sen ánimo de lucro, organización non gubernamental (ONG), constituida o 25 de marzo de 1994, por un grupo de familiares de enfermos de Alzheimer para buscar xuntos respostas, compromisos, apoios e recursos necesarios. A actividade foi organizada polo departamento de Filosofía.

Alumnado dePsicoloxía de 2º Bacharelato en AGADEA A Estrada



page | by Dr. Radut