Enrique Macías Virgós, profesor de Xeometría e Topoloxía da Facultade de Matemáticas da USC, impartiu este xoves 16 de xaneiro unha interesante conferencia na Biblioteca do noso Centro, sobre "As Matemáticas do século XXI" ao alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.
O profesor explicou como conceptos sinxelos da súa materia, como os números primos, a análise de curvas catenarias, trigonometría dos triángulos, derivadas e integrais seguen tendo aplicacións tan actuais coma a criptografía e a seguridade das operacións bancarias, no deseño de modelos matemáticos, simulacións por ordenador de desprazamentos dende bicicletas ata avións ou ferrocarril, na astrodinámica, arquitectura, o GPS, os TAC médicos ou a Informática. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.