Os días 17 e 18 de xuño, luns e martes, o IES de Valga recibirá a visita de Antoine NOËL e David POIRON, dous profesores franceses do Lycée Eric Tabarly, que é unha escola profesional (equivalente á nosa Formación Profesional) situada na vila de Olonne-sur-Mer, na rexión de Países do Loira, pertencente ao distrito costeiro de Les Sables-d'Olonne, aproximadamente a 100 km ao sur de Nantes.
Este centro está interesado en colaborar co noso para levar a cabo un proxecto común dentro do programa Erasmus+, como por exemplo intercambio de alumnado para prácticas e visitas, realización de traballos en conxunto, visitas do profesorado, etc.